O martes 5 de novembro, o bispo da nosa diocese Monseñor Alfonso Rouco, na ronda de visitas que está a levar aos colexios relixiosos da diocese achegouse ao noso cole.
Pola mañá departiu co alumnado, do cal dixo levar moi boa impresión ao mesmo que do cole e os diferentes equipos de traballo.
Don Alfonso comentou que en Galicia a xente defínese pola parroquia á que pertence, na nosa diocese temos un total d e1139 parroquias.
Por outra banda fixo fincapé en que os colexios son moi importantes, o máis importante das cidades, son lugares de vida moi significativos polo que os debemos coidar a educación e os colexios como lugares para o futuro.
Somos a realidade que na sociedade crea cidadáns.
A Parroquia, a escola e a familia son os tres pilares fundamentais da comunidade.
Agradecemos a Don Alfonso a súa visita e as súas palabras.
https://salesianoslugo.es/wp-content/uploads/2024/11/Visita-Bispo-Salesianoslugo-scaled.jpeg