colegio-lugo

O curso 2023-2024 xa está en marcha e desborda vida por todas as esquinas. Se o curso pasado queríamos vivir cos ollos abertos para descubrir todas aquelas cousas novas que día a día agromaban, este curso queremos vivir todo eso que descubrimos dunha maneira especial: con paixón!

O Colexio “Divina Pastora” é un centro privado concertado. O seu titular é a Congregación Salesiana, popularmente coñecida como “Salesianos”. Foi fundado polas Nais Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor. No curso 1988-89 pasou aos Salesianos.

O centro posúe carácter propio e ideario católico baseado no sistema educativo herdeiro de San Xoán Bosco, chamado “Sistema Preventivo”, e que está fundamentado na Razón, a Relixión e a Amabilidade. Estas características veñen recollidas no documento Proposta Educativa das Escolas Salesianas, que define o Ideario ou Carácter propio da Escola Salesiana.

Cursos

Actualmente impártese Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria en réxime de Concerto.

Inglés

Internacionalización a través de diferentes proxectos cooperativos con colexios europeos: proxectos Erasmus + e eTwinning así como na cooperación na realización con centros educativos do Reino Unido desde as primeiras etapas de Educación Primaria. Utilizando unicamente o inglés como lingua vehicular nas mencionadas colaboracións co obxectivo de que aprendan o idioma dun modo práctico e divertido para converter a súa aprendizaxe nun estímulo e non como unha materia máis.

Servizos complementarios

Prestamos servizos complementa­rios, como gardería (desde unha hora e media antes de iniciar as clases da mañá), comedor e seguro de accidentes.

Instalacións

Entre as instalacións do centro cabe sinalar, aulas ordinarias dotadas todas elas con encerados interactivos dixitais, sala de audiovisuais e sala de música ben dotadas, biblioteca, laboratorio, aula de informática con 30 postos, aula de plástica, aula de tecnoloxía, ximnasio, comedor, salón de actos con 300 prazas, etc.

Actividades complementarias

A acción educativa compleméntase cunha ampla oferta de actividades complementarias, extraescolares, deportivas e de tempo libre. A educación deportiva e de tempo libre lévase a cabo desde o Club deportivo e desde o Centro Xuvenil Salesiano “Ateibo”, que conta con instalacións e animadores que levan a cabo un valioso e completo proxecto de actividades de tempo libre fóra do horario escolar, durante a fin de semana e durante o verán e os tempos de vacacións a través dos campamentos das chamadas “Mañás de…” Nadal, verán… que pretenden axudar ás familias a conciliar a vida familiar e o traballo.

Certificados

Para garantir un ensino de calidade e un proceso de xestión rigoroso contamos co certificado de calidade ISO 9001-2008 desde hai máis dunha década.

ISO-9001_Salesianos-Lugo

Entre todos tratamos de levar a cabo unha educación en valores, como a acollida, a solidariedade, o traballo, a cultura, o esforzo, a proximidade entre profesorado e alumnado, a paz, o civismo, a ledicia, etc. Pretendemos que todos se atopen como na casa, e que a educación recibida sexa integral, de cara a educar “honrados cidadáns e bos cristiáns”, como pretendía Don Bosco, fundador dos Salesianos.

Carácter propio

A nosa escola “Divina Pastora” é unha das múltiples ofertas, que na nosa plural sociedade ofrece a Congregación Salesiana á cidade de Lugo. Como calquera escola a nosa razón de ser vén xustificada polos nosos trazos propios, pola nosa proposta educativa que nos distingue do resto.

Cremos que neste século segue a ter sentido a proposta educativa da nosa escola, pois son moitas as familias que seguen a confiar en nós en Lugo, en España e en todo o mundo. A nosa escola, privada e sostida con fondos públicos, ofrece unha proposta que ten unha larga e probada tradición.

misión da escola salesiana radica na súa capacidade de ser unha escola:

  • católica, aberta a todos, sobre todo aos máis pobres e necesitados,

  • fundamentada sobre os valores do evanxeo,

  • fiel á misión encomendada por Deus á comunidade eclesial,

  • en diálogo coa realidade multicultural e multirrelixiosa do seu contorno,

  • quen de ofrecer formación integral á persoa na perspectiva do honesto cidadán/a e bo cristián/á (axudando a: descubrir e potenciar as súas capacidades físicas, afectivas e intelectuais; a desenvolver a súa dimensión socio-política e o seu sentido ético e trascendente e a descubrir o seu propio proxecto de vida como elemento de autorrealización),

  • como servizo cualificado á sociedade.

Consideramos que a escola salesiana debe manifestarse (visión) como lugar e ambiente onde:

  • se comparte un enfoque común da vida e da educación no contexto europeo,

  • se adopta o estilo preventivo de Don Bosco e de María Mazzarello,

  • se promove un ambiente educativo positivo e creativo onde se pode facer experiencia de valores humanos e cristiáns,

  • se colabora na construción dunha Europa aberta e solidaria.

A escola salesiana esfórzase en ser espazo onde se experimentan algúns valores que dan corpo á nosa oferta educativa como son:

  • apertura a Deus como fonte da verdadeira humanización da persoa,

  • confianza nos mozos que están no corazón do proxecto educativo salesiano e son os protagonistas do seu futuro,

  • respecto da vida como don recibido e como fonte de compromiso e de responsabilidade,

  • acollida incondicional da persoa, o apoio positivo e o acompañamento na construción dun proxecto de vida máis humano,

  • a personalización das relacións cunha atención particular á diversidade de cada persoa e de cada cultura;

  • a construción dun mundo máis solidario, xusto e pacífico mediante unha acción decidida de confrontación con todas as pobrezas, o diálogo intercultural e a cidadanía responsable,

  • traballo como fonte de educación, de realización das persoas e de mellora permanente da calidade de vida persoal e social.

Unha escola cun estilo propio:
o estilo salesiano

O estilo que anima o Proxecto Educativo-Pastoral Salesiano é o propio do carisma salesiano. Este estilo caracterízase por:

  • Criterio «preventivo» polo cal facemos propostas de experiencias positivas de vida, axudándolles a superar situacións difíciles e a vivir en plenitude as súas aspiracións.
  • O ambiente educativo caracterizado polo protagonismo dos destinatarios, o espírito de familia, o traballo diario, a invitación á creatividade o clima de alegría e de festa;
  • A relación educativa persoal que favorece o encontro persoal con cada alumno e que se traduce en capacidade de acollida, diálogo, confianza e simpatía cara ao seu mundo;
  • A presenza-“asistencia” animadora dos educadores entre os nenos e mozos;
  • A oferta dunha experiencia de fe que se caracteriza polo encontro con Deus na vida diaria, a celebración da fe, a devoción a María Auxiliadora, o sentido de Igrexa e as propostas de compromiso cristián.
  • O valor que se concede aos seguintes tres alicerces na construción das persoas: a razón (entendida como cultivo do espírito crítico, invitación á lectura profunda e esperanzada da realidade, construción dun sistema de valores firme), o amor (a acolleita incondicional, a preocupación polo outro como persoa e non só como alumno, o valor educativo do diálogo, a atención preferencial aos que se atopan menos integrados) e a relixión (entendida hoxe, sobre todo nunha escola aberta e acolledora, como apertura á dimensión trascendente da persoa e preocupación por experiencias e ámbitos nos que o espiritual ten a súa relevancia).

Unha escola a tempo completo

A nosa opción pola formación integral implica unha concepción de escola que vai máis aló dos límites do horario escolar. Completamos a nosa oferta educativa cunha ampla gama de actividades que converten á Escola Salesiana nun “servizo a tempo pleno”. Entre estas iniciativas podemos destacar, ademais das actividades extraescolares ou o deporte, as moitas iniciativas do Centro Xuvenil Ateibo, as campañas de sensibilización promovidas dende a Fundación JuanSoñador ou en colaboración coa Parroquia da Milagrosa.

E ademais…

A nosa escola é popular, polo clima educativo que crea e porque dá preferencia aos ámbitos e mozos máis necesitados; libre e aberta, porque acolle, desde o seu carisma propio e a súa identidade declarada, a cantos están dispostos a emprender un camiño de maduración persoal connosco, máis aló de crenzas e ideoloxías; e comprometida co mundo, porque promove a xustiza e o dereito a unha vida máis digna para todas e todos.

Ir al contenido