Hoxe é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller #25N, e no cole dende Ed. Infantil ata a ESO traballámolo con titorías, cancións, contos, charlas e un mural coas que conclusión ás que chegamos. @salesianosES #SalesianosLugo
Os máis pequenos/as de Infantil, traballamos mediante unha canción, como tratar ben a todos. As conclusións puxémolas nas flores que crecen no noso mural. Os/As de 1º, 2º e 3º de EP, mediante o principio do conto de Pepuka, reflexionamos sobre o fai mal o monstro e o que pode facer a boneca para librarse del e o que facemos ben polos demais escribímolo nas flores.
Os/As maiores de Primaria reflexionamos sobre modelos femininos e masculinos sen estereotipos de xénero. E igual que os maiores da ESO fixemos uns acrósticos reivindicativos, de non ao maltrato, non á violencia, para completar o noso mural.
Por último o alumnado da ESO tivo charlas sobre o tema, e identificaron en varias cancións as mensaxes negativas dunhas, e as positivas doutras.
Aprendemos moito sobre este tema tan importante.