Grupo Plan Lector
Se realiza e se propoñen actuacións destinadas ao fomento, ao interese e ao hábito lector por parte de todo o alumnado. Asemade, elaboramos algunhas propostas para levar a cabo nas distintas etapas durante a Semana da Prensa e a Semana do Libro.
Dende o centro consideramos o fomento da lectura coma un instrumento primordial para o desenvolvemento das capacidades dos nosos alumnos e para o logro dos obxectivos da aprendizaxe.
Finalmente, consideramos a Biblioteca como un espazo dinamizador da vida cultural, por iso fanse numerosas propostas destinadas a poñer en valor este espazo, coa finalidade de que sexa un lugar que favoreza a realización de actividades a prol da lectura.
Grupo de Innovación
Encárgase de dinamizar e reflexionar co claustro sobre a innovación pedagóxica no noso centro educativo.
Para levar esta tarefa se realizan as seguintes accións:
- Coordina e leva a cabo a difusión do Plan Local de Innovación.
- Coordina coa Inspectoría un recompilatorio de Boas Prácticas innovadoras do centro.
- Envía á páxina web de innovación da inspectoría as actividades innovadoras do noso centro para a súa difusión co resto dos centros salesianos.
- En coordinación co grupo T IC potencia a dixitaliazación do centro.
- Motiva ao claustro na participación en proxectos colexiais así como na realización de tarefas innovadoras dentro do aula.
Grupo TICS
Encárganse das seguintes tarefas no noso centro:
- Mantemento dos equipos informáticos.
- Xestión das contas Google de salesianoslugo.es
- Xestión da plataforma Educamos.
- Xestión da rede interna do centro (docencia).
- Necesidades dos diversos equipos e redes informáticas.
Grupo Dinamización Lingüística
Equipo de Dinamización Lingüística [EDLG]
O obxectivo fundamental é que o galego sexa a lingua vehicular do ensino e que asemade sexa a lingua de toda a comunidade escolar educativa.
Hai que ter en conta que a normalización da nosa lingua non é “algo” dos representantes do EDLG, non atinxe só ao profesorado da especialidade de Lingua e Literatura Galega, senón que canto meirande sexa o colectivo implicado, moito mellor. De aí a necesidade de concienciación da problemática por parte de todos nós (profesores, pais, alumnos e alumnas…)
Grupo Web, redes sociais e prensa
O traballo consiste en espallar as tarefas que facemos no día a día xunto co noso alumnado nas redes sociais.
Por outra banda, na nosa páxina web publicamos tódalas novas relacionadas cos servizos que ofrecemos, espazo para as familias, novas, programacións…
E, por último encargámonos de contactar coa prensa para informar de actividades máis salientables.
Grupo de Idiomas
Internacionalización a través de diferentes proxectos cooperativos con colexios europeos: proxectos Erasmus + y eTwinning así como cooperación na realización con centros educativos do Reino Unido dende as primeiras etapas de Educación Primaria.
Utilizando unicamente o inglés como lingua vehicular nas mencionadas colaboracións có obxectivo de que aprendan o idioma dun modo práctico e divertido para converter a sua aprendizaxe nun estímulo e non como unha materia máis.
Grupo de dixitalización
Dende o grupo de Dixitalización estase a traballar para non soamente a planificación, dotación de medios humanos e materiais e aplicación do novo plan nun clima de seguridade e calidade, senon tamén para a adquisición das competencias dixitais ao final da etapa académica do noso alumnado e do resto da comunidade educativa.
Estos son algunhas das actuacións coas que levamos adiante o traballo.
- Xeneralizar o uso de Educamos como plataforma de comunicación, información e satisfacción.
- Implantar Chromebooks para traballar nunha contorna dixital que capacite ao noso alumnado en novas tecnoloxías e mellore a súa competencia dixital.
- Mellorar a calidade das lousas dixitais e os computadores do centro, así como proxectar aulas especializadas neste tipo de contornas.
- Fomentar a competencia dixital de docentes, alumnado e familias acorde a realidade que estamos a vivir.
- Usar outras metodoloxías en diversas materias para mellorar os resultados do noso alumnado: intelixencias múltiples, intelixencia emocional, traballo cooperativo, aprendizaxe por proxectos, contornas virtuais de aprendizaxe…etc
- Fomentar a calidade do ensino coa implantación de métodos innovadores en consonancia cos cambios sociais e tecnolóxicos.
- Buscar tanto o aforro das familias nos gastos fixos de material (libros de texto) como do propio centro (menos uso do papel físico) así como un aforro en gasto de subministración eléctrica.
- Preparación, presentación e seguimento dos novos proxectos dixitais en coordinación con otros grupos de traballo do centro, dos equipo de xestión ADIX da Xunta e proxectos Europeos.