Dirección
Praza da Milagrosa, 10. 27.003 LUGO
Punto laranxa virtual
O colexio Salesianos Divina Pastora informa á súa comunidade educativa da implantación do Punto Laranxa Virtual na nosa web do centro, como punto virtual de denuncia anónima e accesible para calquera persoa.
Falamos dun buzón a través do cal o alumnado pode comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros.
Trátase dunha iniciativa desenvolvida ao abeiro do Plan integral contra estas condutas impulsado pola Xunta de Galicia co fin de blindar que as contornas escolares sexan seguras, inclusivas e respectuosas e que os centros escolares e os espazos de interacción da mocidade conten cos recursos necesarios para poder previr, identificar e actuar ante estas situacións.
Para xestionar este buzón, en cada centro educativo constitúese un equipo de actuación contra o acoso escolar integrado, entre outros, polo coordinador de benestar emocional e convivencia e a persoa orientadora do centro.