A canle de denuncias ou “sistema interno de información” é un elemento crave para promover unha cultura ética, de transparencia e libre de condutas de corrupción, fraude ou incumprimentos administrativos ou penais atendendo ao disposto na Lei 2/2023, do 20 de febreiro e ao determinado polo art. 31 bis do Código penal en materia de Compliance.
Neste sentido, a Inspectoría Salesiana Santiago O Maior, entidade titular do SALESIANOS LUGO MARÍA AUXILIADORA, estableceu a dirección web https://www.salesianos.es/canaldedenuncias/ para acceder á canle de denuncias e comunicar incidencias e irregularidades en relación co cumprimento normativo, ademais de informar sobre posibles actuacións irregulares ou ilícitas que poden xerar responsabilidade penal para a Inspectoría ou calquera dos seus ambientes ou ámbitos.
A canle de denuncias proporciona un medio confidencial e seguro para que calquera persoa que se relacione connosco poida denunciar aquelas actividades sospeitosas ou ilegais sen temor a represalias.
Para os efectos que aquí nos interesan, a canle non se poderá utilizar para realizar denuncias coas seguintes características:
• Denuncias falsas.
• Denuncias que mostren mala fe de forma manifesta (ex. Denuncia presentada varias veces con diferente relato de feitos).
• Denuncias non fundadas ou sen indicios concretos ou determinados (ex. ‘Paréceme sospeitosa a actuación de X, faime dubidar da súa actuación conforme á lei’).
• Denuncias xerais que non inclúan o conxunto de datos mínimos para valorar as denuncias: condutas realizadas, data/s nas que tiveron lugar os feitos e tipoloxía de normativa incumprida (ex. ‘Un compañeiro leva a cabo malas prácticas de comercialización).
• Denuncias sobre feitos non denunciables por non supoñer ningún ilícito ou incumprimento ético (ex. Falta de hixiene dun compañeiro).
• Denuncias relativas a feitos que se atopen en sede xudicial.
A xestión da canle de denuncias é levada a cabo polo despacho de avogados de Fanjul & Tellado xunto co Órgano de Cumprimento Normativo da Inspectoría Salesiana Santiago O Maior garantindo, en todo momento, os requisitos establecidos na Lei 2/2023, do 20 de febreiro.
Adicionalmente, a canle cumpre co RGPD e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais conservándose os datos persoais durante o prazo estritamente necesario e nunca durante un prazo superior do legalmente establecido.