DOMUND

Así reza o lema deste ano, “pés en camiño”, pés dos misioneiros que cada día andan o camiño de entrega, compaixón e misericordia seguindo o carreiro de Xesús, carreiro dun corazón ardente por axudar, ardente por acompañar e andar un mesmo camiño xuntos/as. DOMUND, acrónimo de Domingo Mundial das Misións. Un domingo ao ano para lembrar que temos unha obrigación moral para axudar todo o ano aínda que só o lembremos a través dos medios un único día. O DOMUND ten a súa orixe no ano 1822 cando Paulina Jaricot, unha moza francesa decidiu colaborar con misioneiros que estaban a evanxelizar China. Comezou coa creación de coros de 10 persoas comprometidas a rezar polas misións e achegando unha cota semanal de cinco céntimos. Rapidamente traspasou fronteiras e foi catro anos máis tarde cando Pío XI estableceu o Domingo Mundial das Misións que se celebra o penúltimo domingo de outubro, coa finalidade de contribuír á formación da conciencia misioneira, cultivar vocacións misioneiras e aumento da cooperación espiritual e material.

Anterior
Documental: Canillitas
Siguiente
Canillitas no MHIL

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Rellena este campo
Rellena este campo
Por favor, introduce una dirección de correo electrónico válida.
Tienes que aprobar los términos para continuar

Ir al contenido