admision-alumnos

ADMISIÓN DE ALUMNOS

Un curso máis comeza o proceso de admisión do alumnado. Dende o noso centro queremos dar a benvida a todos aqueles que, dun xeito ou doutro, estades interesados en coñecer o noso centro e, sobre todo, a nosa Proposta educativa. Ademais da información que atopedes na nosa páxina web non teñades dúbida en poñervos en contacto con nós.

Seredes ben acollidos.

Se facedes click neste vínculo accederedes á páxina da Xunta na que poderedes descargar a lexislación que afecta ao proceso de admisión de alumnado e os anexos que hai que cubrir para realizar todo o proceso.

Nesta mesma web poderedes atopar os documentos e a lexislación necesaria para facilitarvos a reserva de praza. A páxina na que formalizar a solicitude de reserva a tedes accesible facendo click neste vínculo.

Na sección da páxina web A NOSA ESCOLA poden atopar o noso Proxecto Educativo e Ideario (ver Carácter propio) e a Programación Xeral Anual na que atoparán a nosa oferta educativa (todos os niveis concertados), as actividades e servizos ofertados, os horarios do centro e da xornada escolar entre outras informacións de interese.

criterio complementario do noso centro é o seguinte: «Ser fillo ou filla, irmán ou irmá, neto ou neta dun antigo alumno do noso centro ou de calquera colexio salesiano».

As datas para este proceso son as seguintes:

1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA

(exclusivo para o alumnado procedente dos centros adscritos)

Solicitude de reserva de praza realizarase mediante o modelo Anexo I que se tramitará mediante a aplicación informática admisionalumnado ou descargando e cumplimentando de forma manual o citado anexo e entregándoo no noso centro. O prazo é do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Data do sorteo público de letra de prioridade dos apelidos a efectos de desempate: antes do 1 de marzo.

Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

2ª FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN

(Para alumnado procedente doutros centros distintos dos adscritos) (tamén para alumnado procedente dos centros adscritos que non solicitaran a reserva do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro)

Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II  no centro solicitado ou ben pola aplicación informática admisionalumnado no primeiro lugar de preferencia: do 1 ao 20 de marzo de 2024.

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 21 de marzo ao 11 de abril, ambos os dous incluídos.

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: 25 de abril.

Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: 15 de maio.

Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido será xestionada dende a aplicación informática admisionalumnado.

3ª FASE: MATRÍCULA

Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño – 30 de xuño.

Formalización da matrícula en ESO e bacharelato23 de xuño – 7 de xullo.

Ir al contenido