

Comisión Armando o Belén
Ideamos un lema e un motivo que vertebre toda a ambientación: dende a elaboración do Belén colexial ata a decoración das aulas e corredores, as entradas e saídas…etc.
Na inauguración reunimos entorno ó Nacemento a toda a Comunidade Educativa: familias, alumnos, profesores, Comunidade Salesiana, persoal de administración e servizos… Rezamos, poñemos o noso traballo nas mans de Deus e rematamos compartindo uns doces de Nadal.
Á volta das vacacións, xa en plena «costa de xaneiro», toca recoller todo, coa mirada posta no vindeiro ano e na nova esperanza que sempre traerá o «neno Xesús».
Comisión Solidarios
Encargámonos de organizar as diferentes campañas solidarias realizadas durante todo o curso escolar:
– Despensa solidaria: recollida dos alimentos que máis falta fan na Parroquia
– Colaboración co Domund
– Bocata solidario
A solidariedade é un dos motores do noso estilo educativo-pastoral, non podemos comprender a vida colexial sen axudar aos demais, especialmente aos máis necesitados.


Comisión de Festas
Encárgase de preparar, organizar, ambientar e animar as actividades relativas as festas de Don Bosco – Paz e Mª Auxiliadora:
– Prepara as titorías, actividades lúdicas e deportivas, materiais,…
– Coordina as actividades dese días de festa.
– Solicita os permisos pertinentes.
– Prepara a ambientación e decoración.
– Realiza os carteis e programas das festas

Equipo Coordinador de Pastoral
Este equipo é o que organiza todas as actividades no ambiente da escola. Formado por tres persoas. Eles son os encargados de levar a todas as etapas as actividades propostas.
Equipo de Pastoral
Coordina todas as accións educativo-pastorais segundo o Proxecto Educativo Salesiano e no que participa todo o profesorado dinamizando e desenvolvendo todas as actividades segundo o carácter propio.
Levamos a cabo unha morea de actividades (Bos días ao inicio da xornada escolar, celebracións, conmemoración dos 24, momentos de oración, caderno de espiritualidade, convivencias, titorías… A pastoral está impregnada en cada unha das nosas accións do día a día.
Todo o claustro motiva, anima e participa nas diferentes actividades que levamos a cabo.
Equipo Local Pastoral da Casa


