departamento_orientacion-Lugo

O departamento de Orientación é a estrutura organizativa do centro dende a que se coordina a Acción Titorial, a Atención a Diversidade e a Orientación Académico Profesional.

A nosa tarefa céntrase principalmente en axudar ao alumnado, ás familias e ao profesorado do centro

¿Quen o formamos?

Está formado pola Coordinadora de Orientación, as xefaturas de estudos, o Coordinador de Pastoral, a especialista en Pedagoxía Terapéutica e a especialista en Audición e Linguaxe, os titores e os profesores de reforzo ou apoio.

departamento-orientacion-lugo

¿Como podes contactar connosco?

Podedes poñervos en contacto connosco por medio de:

– Os titores/as

– Plataforma educ@mos

– O noso correo: orientacion@salesianoslugo.es

Obxectivos

A nosa tarefa céntrase principalmente no alumnado, nas familias e no profesorado do centro.

Os nosos obxectivos xerais para este curso que está a comezar serán:

Traballar na coordinación do departamento de orientación coa Dirección, coas xefaturas de estudos, coordinador de pastoral, titores e profesorado en xeral.

Elaborar PAT, PAD, POAP e facer seguimento dos mesmos.

Coordinar a programación, realización e avaliación das actividades de orientación e da acción educativa do Centro.

Asesorar tecnicamente aos órganos do Centro en relación co proceso de ensinanza – aprendizaxe, a avaliación e a atención á diversidade do alumnado.

Proporcionar ao alumnado e as súas familias información e orientación sobre alternativas educativas e profesionais e opcións de futuro.

Elaborar actividades, estratexias e programas de prevención e orientación persoal, escolar, profesional e de reposta ás necesidades educativas diversas.

Realizar a avaliación psicopedagóxica individualizada do alumnado e elaborar propostas de intervención.

Coordinar o traballo dos especialistas que atenden de xeito específica aos alumnos con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).

Fomentar a implicación de todo o profesorado na atención á diversidade.

Coordinar, apoiar e asesorar en relación a actividades de orientación, titoría, de formación e perfeccionamento do profesorado e familias.

Coñecer e Coordinarse con outros recursos da cidade que poidan servir de apoio á labor do centro.

Dinamizar o Plan de Convivencia do Centro

Ir al contenido