O pasado sábado 28 de setembro, no Club Fluvial de Begonte, tivo lugar o Día da Familia 2024.
Despois do momento de acollida, onde os membros da ANPA fixeron entrega dun detalle para os máis pequenos, tivo lugar unha Eucaristía seguida dun anaco de convivencia e música entre todos previa ao xantar.
Posteriormente houbo un inchabel e xogos, onde os máis pequenos desfrutaron e xogaron entre todos.
Antes do remate tivo lugar o sorteo de rifas, organizada polo colexio e o Centro Xuvenil Ateibo con moitos agasallos (libros, material escolar, tazas, suadoiros, chaveiros…)
O xesto final correu a cargo de JuanSoñador, no que cada un escribiu como coidarse ou coidar aos demais, aspecto tan importante e necesario!
Para rememorar este día unha foto de grupo é a mellor maneira.
Foi un día de convivencia no que o tempo acompañou e puidemos desfrutar nun entorno moi agradable e en moi boa compañía.
Somos Futuro!