O luns, 11, de decembro tivo lugar a inauguración do Belén Colexial no salón de actos .

“Guiados polo teu soño” foi o lema no que nos inspiramos este ano.

Un belén que representa, unha noite especial, unha noite máxica na que as estrelas libres, belas e inalcanzables, brillan cunha luz marabillosa, facéndonos partícipes do soño de Xesús, transmitíndonos eternidade e facendo que nos sintamos máis preto do ceo. No centro, a estrela de Belén, envolvéndose sobre si mesma para acoller a Xesús no seu berce, arroupado pola súa familia e sumido nun gran soño, achegándonos tenrura, acougo e tranquilidade. Poida que estea a soñar en como construír o Reino de Deus para que o amor, a xustiza, a verdade e a paz se fagan presentes, na nosa sociedade. Esta estrela é, segundo o Novo Testamento, o astro Guía que, coma se dun soño se tratase, levou aos Magos de Oriente e aos pastores ao lugar do nacemento de Xesús, representando para nós, os cristiáns, a luz e a esperanza nas nosas vidas”. Unámonos a este soño máxico que cada ano nestas datas se fai presente!!

Moitos pobos, desde a antigüidade, defenderon que as estrelas son as almas das persoas falecidas, tratando de buscar a súa posición cada noite no firmamento. Nesta noite máxica representada no noso belén, podemos descubrir, nas estrelas, aos nosos seres queridos e se nos fixamos un pouco, descubrimos que hai unha que destaca entre todas as demais e que brilla con forza, esa é a da nosa querida Bea, compañeira e amiga que seguirá sendo especial para todos e todas nós. Desde a súa posición privilexiada, o seu brillo seguiranos inspirando e dándonos ánimo na nosa tarefa educativa para seguir facendo realidade moitos dos soños que Bea tiña para o noso cole.

Que este Nadal nos guie o teu Soño, Xesús!

BO NADAL !

Anterior
Aprendemos mentres nos divertimos
Siguiente
Nadal Solidario «Operación Quilo»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Rellena este campo
Rellena este campo
Por favor, introduce una dirección de correo electrónico válida.
Tienes que aprobar los términos para continuar

Ir al contenido