O noso alumnado de primaria emprega diferentes medios virtuais para avanzar na súa aprendizaxe: Adimat, Snappet e Leobien.
En 1º e 2º de primaria empregan Adimat que é un asistente virtual no que os nenos e nenas traballan as matemáticas dunha maneira diferente e divertida. Realizan exercicios que parten do nivel de cada un, aumentando a dificultade a medida que van resolvendo as diferentes tarefas propostas.
No segundo ciclo, 3º e 4º, a través de Sanppet traballan os contidos de matemáticas, lingua galega, castelá e inglesa dun xeito que lles resulta máis motivador. Eles, a medida que van realizando as diferentes tarefas e, de xeito inmediato ven se está ben ou mal e teñen a oportunidade de modificala.
Por último o alumnado de 5º e 6º de primaria está a realizar o proxecto Leobien. É un conxunto de recursos educativos para mellorar a comprensión lectora, este proxecto axúdalles a estar máis motivados e facilita o proceso lector individual. Realizámolo tódolos días despois do momento de patio e converteuse xa nunha rutina máis do noso día a día, obtendo resultados positivos na comprensión lectora.