Lugo, 14 de abril de 2026 – O noso colexio viviu unha xornada especial coa celebración da Operación Bocata, unha iniciativa solidaria xa moi significativa na vida do centro e que, un ano máis, volveu poñer no centro valores tan importantes como a xenerosidade, a participación e o compromiso cunha educación que transforma vidas.

Na semana previa á Semana Santa, desde o colexio promoveuse activamente a participación de toda a comunidade educativa nesta campaña. A proposta era sinxela, pero profundamente significativa: colaborar cun donativo e recibir a cambio un ticket para o bocadillo. Detrás dese xesto cotián había unha finalidade moito maior: converter unha acción próxima e compartida nunha axuda concreta para outros nenos e mozos en necesidade.

A resposta da comunidade educativa foi moi positiva. Durante a xornada de hoxe repartíronse máis de 400 bocadillos, reflexo da implicación de toda a comunidade educativo – pastoral. Cada participación foi unha mostra de que os pequenos xestos, cando se viven en comunidade, poden ter un grande impacto.

Nesta edición, os donativos recadados destinaranse a bolsas escolares en Sikasso, Mali. Deste xeito, a Operación Bocata non só serviu para compartir un momento fraterno dentro do colexio, senón tamén para tender a man a outros contextos onde o acceso á educación segue a ser unha necesidade urxente. A campaña convértese así nunha experiencia educativa completa: ensina a mirar máis alá dun mesmo, a descubrir outras realidades e a comprometerse con elas desde a proximidade e a esperanza.

A xornada contou tamén coa colaboración de varias empresas que, coa súa achega, fixeron posible o desenvolvemento desta actividade. Torre de Núñez, Entrepinares, Mondariz e Panadaría Ousá doaron alimentos e bebidas, sumándose con xenerosidade a unha iniciativa que pon rostro concreto á solidariedade.

Máis alá dos datos, a Operación Bocata deixa unha pegada importante na vida escolar. É unha oportunidade para educar en valores, para lembrar que a solidariedade non é algo puntual, senón unha maneira de vivir e de situarse ante o mundo. Nun ambiente de convivencia e participación, o noso alumnado aprende que axudar aos demais tamén forma parte do seu crecemento persoal e da súa formación integral.

Desde o colexio agradecemos sinceramente a colaboración de todas as persoas e entidades que fixeron posible esta xornada. Grazas a cada donativo, a cada xesto e a cada participación, seguimos construíndo unha comunidade educativa comprometida co Evanxeo, coa xustiza e coa esperanza.

Anterior
A Plataformas Sociales Salesianas valoran la regularización extraordinaria como una medida de responsabilidad ética y social hacia una sociedad más justa
Siguiente
Espazo Familias: O impacto das redes sociais no cerebro

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Rellena este campo
Rellena este campo
Por favor, introduce una dirección de correo electrónico válida.
Tienes que aprobar los términos para continuar

Ir al contenido