Presentación da Escola de Pais e Nais

 

Dende a páxina web do colexio o Departamento de Orientación pretendemos apoiar na difícil tarefa de formar e educar aos vosos fillos/as. Temos como obxectivo informar, aclarar ideas imprecisas, rectificar crenzas erróneas, ofrecer consellos prácticos e abrir un espazo común de diálogo para todas aquelas persoas que queiran ser mellores pais/nais.

 

Mensualmente facilitarémosvos, a través do artigo do mes, pautas de intervención, ferramentas ou asesoramento ante diversos situacións da vida cotiá familiar.

 

Ademais poñemos a vosa disposición o correo electrónico orientacion@salesianoslugo.es para que poidades formularnos todas as vosas inquedanzas sobre algún aspecto da educación dos vosos fillos/as, que trataremos de responder no menor tempo posible. Así mesmo gustaríanos que nos propoñades temas do voso interese coa finalidade de poder organizar algunha charla presencial.

 

Esperamos que encontredes respostas ás dúbidas que se vos presenten. E, por suposto, estaremos encantadas de recibir as vosas suxestións sobre a Escola de Pais-Nais Virtual. Deste xeito, contribuiredes a mellorar o vínculo de colaboración entre as familias e os educadores/as.

 

Beatriz Díaz González (Coordinadora Dpto. Orientación)

Patricia Amor (AL)

Paula Opazo (PT)

contacto

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.