- Detalles
Xa tedes dispoñible a ESCOLA DE FAMILIAS do mes de decembro co tema A TRISTEZA. Esperamos que sexa do voso interese.
- Detalles
Como sabedes este ano seremos nós os encargados de elixir o proxecto co que queremos colaborar e para o que destinaremos a recadación dos festivais de Don Bosco e da "operación bocata".
O noso alumnado de EP e ESO elixiron dous proxectos:
- Apoyo integral a los centros de acogida de chicos de la calle de Ecuador.
(https://misionessalesianas.org/proyectos/categoria/alojamiento/apoyo-chicos-calle-ecuador-2452/ )
- Ayuda de emergencia de alimentos y medicinas en Venezuela.
Agora tócavos a vós elixir o que consideredes mellor. Para iso podedes votar en Twitter e a través dos enlaces de Facebook e Instagram.
Dende a comisión de Solidarios animámosvos a participar e que gañe o mellor!!
Moitas grazas a todos polo voso tempo.
- Detalles
Os días 3 e 4 de Decembro o alumnado de EI-EP celebrou o Día Internacional das persoas con discapacidade. Cremos nunha escola aberta para todos/as, que non se basea en que todos/as somos iguais, senón que todos/as somos diferentes coas nosas particularidades que nos fan únicos/as e especiais. Diversidade significa variedade, riqueza polo que é unha ferramenta esencial para o aprendizaxe e para a VIDA.
Os nenos e nenas de EI-EP desfrutaron de xogos adaptados entre outros: a pita cega, circuítos guiados, a boccia.....
Ademais o alumnado de EP o mércores realizou obradoiros de sensibilización sobre a Discapacidade Visual; tiveron a oportunidade de coñecela de maneira máis profunda e de poñerse nos seus zapatos” : achegáronse ao Braille, utilizaron o caxato branco para orientarse e desprazarse...
Dende aquí queremos agradecer a Luis ( Asociación ONCE) pola súa dispoñibilidade e a súa labor.
- Detalles
O pasado 13 e 14 de novembro, os alumnos de 3º da ESO visitamos as instalacións do INTA (Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial) no aeródromo de Rozas, e despois aprendimos máis sobre os drons e as súas aplicacións. É impresionante canto nos poden axudar os drons a simplificar algunhas tarefas: facer mapas, limpar, reparar placas solares, documentar xacementos arqueolóxicos, atopar persoas no bosque, seguir o avance dos lumes... e mesmo controlar á velutina!
Tamén tivemos a oportunidade de pilotar nós mesmos un dron. Primero aprendimos o funcionamento dos mandos nun simulador, e despois deixáronnos probar uns de verdade para superar algúns retos. Foi unha gran experiencia e sempre é motivador descubrir as aplicacións da ciencia na vida cotiá. Aquí podes ver fotos desta visita.
- Detalles
CELEBRACIÓN DO PROFESORADO AGRADECENDO O LABOR DOCENTE
Onte a primeira hora da tarde, reunímonos na capela, todo o claustro do noso colexio para celebrar a tradicional oración, agradecendo o labor docente.
Despois da lectura da Palabra, Fixemos un xesto onde colocamos unha vela acesa ao mesmo tempo que líamos un momento onde eramos LUZ para o noso alumnado.
Rematamos cunha oración conxunta onde dabamos GRAZAS pola nosa vocación docente.
FELIZ DÍA DO MESTRE E MESTRA.