As Festas de Don Bosco 2026, un tempo de encontro, celebración e solidariedade
As Festas de Don Bosco 2026 están xa ás portas e, como cada ano, convértense nun dos momentos máis significativos para a nosa Casa Salesiana. Trátase dunha semana especial na que toda a comunidade educativo-pastoral se reúne para celebrar a vida, o soño e o legado do noso fundador, renovando o compromiso cos valores salesianos de alegría, esperanza, solidariedade e familia.
Ao longo dos vindeiros días, o colexio acollerá diferentes actos pastorais, celebrativos e solidarios, abertos á participación do alumnado, das familias e dos distintos grupos da Familia Salesiana.
Actos destacados das Festas de Don Bosco 2026
-
Día do Carisma Salesiano
📅 Venres 30 de xaneiro
🕢 17:30 h
📍 Salón de actos
Un encontro no que participarán os tres ambientes da Casa Salesiana xunto cos grupos da Familia Salesiana. Compartirase o espírito e a misión que nos unen como comunidade. -
Triduo na honra de Don Bosco
📅 Xoves 29, venres 30 e sábado 31 de xaneiro
🕢 19:30 h
📍 Parroquia da Milagrosa -
Xesto colexial pola Paz
📅 Venres 30 de xaneiro
🕥 10:30 h
📍 Praza da Milagrosa (se as condicións meteorolóxicas o permiten)
Está convidada toda a Comunidade Educativo-Pastoral. Ese mesmo día celebraranse tamén as celebracións propias de EI, EP e ESO.
Información organizativa do venres 30
-
Non será necesario traer libros nin material escolar, ao tratarse dunha xornada de carácter lúdico-festivo.
-
A media mañá haberá unha degustación para todo o alumnado.
-
Os horarios de entrada e saída serán os habituais.
-
Gardarería e comedor: funcionamento normal.
Festivais por cursos
-
Luns 2 de febreiro
• 1º e 3º ESO: 17:15 h
• 2º e 4º ESO: 18:30 h -
Martes 3 de febreiro
• 4ºB e 5º EP: 18:15 h -
Mércores 4 de febreiro
• 2º e 4ºA EP: 18:15 h -
Xoves 5 de febreiro
• 6º EI (5 anos): 18:15 h
Retirada de entradas e finalidade solidaria
-
As entradas poderán retirarse unicamente en portería.
-
Debido ás limitacións de aforo, establécese inicialmente un número máximo de entradas por alumno/a a partir do mércores 21 de xaneiro (ata as 14:00 h do día 30).
-
A partir do 2 de febreiro poderán retirarse as entradas que quedasen dispoñibles.
-
Os festivais teñen unha finalidade benéfica, polo que se solicita un donativo voluntario.
-
A recadación destinarase integramente ao proxecto solidario “Casa Salesiana en Sikasso”.
-
Lémbrase que non está permitida a gravación de fotografías nin vídeos durante os festivais.
Agradecemos de antemán a colaboración das familias e de toda a comunidade, sabendo do voso compromiso solidario. Desexamos que estas Festas de Don Bosco sexan un tempo de ledicia compartida, de encontro e de esperanza, no que celebremos xuntos que tamén nós seguimos a formar parte do soño de Don Bosco.
«A ledicia é sinal dun corazón que ama a Deus» — Don Bosco
Vivamos con esperanza as Festas de Don Bosco 2026.
Viva Don Bosco! 🎉✨




