Novo protocolo de absentismo escolar da Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia actualiza o protocolo para a prevención e o control do absentismo escolar, establecendo pautas comúns para facilitar a detección temperá das faltas de asistencia e a intervención ante posibles situacións de absentismo.
Na seguinte infografía resumimos, de maneira sinxela e visual, os aspectos máis importantes do novo protocolo: cando se considera absentismo, como se realiza o seguimento das faltas, que pasos deben seguir os centros educativos e que papel teñen as familias e os distintos axentes implicados.
Unha ferramenta para coñecer mellor o procedemento e favorecer unha actuación coordinada que contribúa a garantir a asistencia regular do alumnado ao centro educativo.





