Co San Martiño rematamos unha semana chea de actividades relacionadas co outono.
Foi un tempo no que coñecemos con máis profundidade os nosos froitos, deixamos os nosos soños e os das nosas familias para este curso reflexados na nosa árbore máxica, cumpriranse? Seguro que si.
Para rematar estas datas tan importantes na nosa cultura celebramos o magosto, trouxemos castañas e o noso profe Rubén quentounas no tambor para que puidésemos comelas quentiñas, pero non só comemos castañas, tamén degustamos froitos secos típicos desta época. Antes desta degustación Ángel contounos o milagre das castañas de Don Bosco, que aínda que coñecido por todos nos non deixa de sorprendernos.