actividades-extraescolares

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E DEPORTIVAS

CURSO 2026/27

Neste curso que acabamos de comezar hai uns días, temos unha variedade de actividades extraescolares e deportivas que se levarán a cabo dende o 21 de setembro do 2026 ata o 17 de xuño do 2027.

A TER EN CONTA: 

O mércores 16 de setembro ás 16.30 haberá unha xornada de portas abertas para as familias no patio,  para que poidades coñecer de primeira man todas as actividades que  se ofertan, preguntar dúbidas aos monitores/as, etc. 

Coordinadores: Rubén Barrios (deportes) e Paula Opazo (extraescolares)

FELIZ CURSO onde seremos protagonistas da historia.

ACTIVIDADES

 

  • STEMROBOTS: Robótica con Lego Education, con niveis adaptados dende EI ata a ESO, actividades manipulativas cun resultado final visible (un robot que se move).
  • Artisteando: Actividade para dar liberdade á creatividade dos nosos fillos/as utilizando diferentes materiais e técnicas.
  • Patinaxe EI-EP: é xestionada polo CHL Meigas, a partir do segundo trimestre ao alumnado interesado introducirase á actividade de Hockey. 
  • Atletismo EP lévase a cabo nas pistas “Ciudad Cultural de Lugo” a escoller dous días dos catro dispoñibles no horario.
  • *Fútbol 8, F Sala e F 11. A actividade realizarase en instalacións públicas do Concello de Lugo. Nesta activade aceptarase un período de proba gratuíto de 15 días. As instalacións e horarios son orientativos puidéndose adaptar ás necesidades individuais grupais ou do curso académico do colexio. Os horarios acordaranse coa SDC Piringalla en función das horas dispoñibles do club.
  • Fútbol Sala Biberón EI realizarán as actividades no colexio e en instalacións públicas do Concello de Lugo.
  • Baloncesto ESO: Os horarios están condicionados polas horas dispoñibles da AJSC Sagrado Corazón.
  • Ciencia Divertida: nesta actividade os nenos/as achegaranse ás ciencias dun xeito divertido. Inclúe todo o material necesario para o desenvolvemento da actividade. Por iso, xunto con recibo do mes de novembro, pasarémosvos un cargo de 18,00 €.
  • Minichef: Inclúen todos o materiais e ingredientes necesarios para o desenvolvemento da actividade. Por iso, xunto co recibo do mes de novembro, pasarémosvos un cargo de 25,00 €.

Para poder inscribirte nelas simplemente descarga e cubre a seguinte ficha de inscrición.

AS FICHAS DE INSCRICIÓN ENTREGARANSE UNICAMENTE AO TITOR/A.

As actividades darán comezo o 21 de setembro e rematarán o 17 de xuño.

Responsable: Paula Opazo e Rubén Barrios

Ir al contenido