Concienciámonos sobre o 25 N- Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Todo o centro, dende Educación Infantil ata a ESO, aprendemos con diferentes titorías e un acto conxunto, sobre as irmás Mirabal: Patria, Minerva e María Teresa, tres mulleres da República Dominicana que foron asasinadas o 25 de novembro de 1960 . Chamábanlles as bolboretas, por iso fixemos un mural onde pegamos bolboretas lilas, que representan as tres irmás. Nelas puxemos como se trata ben aos demais en EP e cualidades de forza e empoderamento baseadas nunha gran muller próxima na ESO.

En infantil coñecemos quen foron estas tres irmás e porqué lle chamaron as bolboretas. En primaria ademais centrámonos no que era tratar ben aos demais, o que non e traballamos en mellorar a resolución de problemas, dunha maneira pacífica.

O alumnado da ESO fixo un obradoiro dende o 22 ata o 29 con dinámicas para concienciar sobre a importancia de detectar as primeiras sinais de maltrato, como se constrúen relacións sas, como buscar apoio na contorna e recursos de información asesoramento e atención, ademais de implicar á mocidade para actuar como axentes activos do cambio social para crear unha sociedade libre de violencia.

Fixeron tamén ambientación nos Bos Días con música reivindicativa por un mundo libre de violencia machista; celebraron un concurso de taboleiros de aula, elaborados a partir de materiais de refugallo e a maiores, o alumnado de 4º da ESO contou coa testemuña de Marta Engroba da Asociación “Si hai saída”.

Anterior
Despensa solidaria
Siguiente
Aos xoguetes dálles igual se é neno ou nena

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Rellena este campo
Rellena este campo
Por favor, introduce una dirección de correo electrónico válida.
Tienes que aprobar los términos para continuar

Ir al contenido