QUEN SOMOS?
O departamento de Orientación é a estrutura organizativa do centro dende a que se coordina a Acción Titorial, a Atención a Diversidade e a Orientación Académico Profesional.
QUEN O FORMAMOS?
O formamos a Coordinadora de Orientación, as xefaturas de estudos, o Coordinador de Pastoral, a especialista en Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, os titores e os profesores de reforzo ou apoio. Aínda que o formamos moita xente as persoas de referencia somos:
- A orientadora: Bea Díaz
- Mestra de AL: Patricia Amor
- Mestra de PT: Paula Opazo
QUE FACEMOS?
A nosa tarefa céntrase principalmente no alumnado, nas familias e no profesorado do centro.
Os nosos obxectivos xerais para este curso que está a comezar serán:
Traballar na coordinación do departamento de orientación coa Dirección, coas xefaturas de estudos, coordinador de pastoral, titores e profesorado en xeral.
Elaborar PAT, PAD, POAP e facer seguimento dos mesmos.
Coordinar a programación, realización e avaliación das actividades de orientación e da acción educativa do Centro.
Asesorar tecnicamente aos órganos do Centro en relación co proceso de ensinanza - aprendizaxe, a avaliación e a atención á diversidade do alumnado.
Proporcionar ao alumnado e as súas familias información e orientación sobre alternativas educativas e profesionais e opcións de futuro.
Elaborar actividades, estratexias e programas de prevención e orientación persoal, escolar, profesional e de reposta ás necesidades educativas diversas.
Realizar a avaliación psicopedagóxica individualizada do alumnado e elaborar propostas de intervención.
Coordinar o traballo dos especialistas que atenden de xeito específica aos alumnos con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).
Fomentar a implicación de todo o profesorado na atención á diversidade.
Coordinar, apoiar e asesorar en relación a actividades de orientación, titoría, de formación e perfeccionamento do profesorado e familias.
Coñecer e Coordinarse con outros recursos da cidade que poidan servir de apoio á labor do centro.
Dinamizar o Plan de Convivencia do Centro
COMO PODEDES CONTACTAR CONNOSCO
Podedes poñervos en contacto connosco por medio de:
- Os titores/as
- Plataforma educ@mos
- O noso correo: orientacion@salesianoslugo.es