Un curso máis comeza o proceso de admisión do alumnado. Desde o noso centro queremos dar a benvida a todos aqueles que, dun xeito ou doutro, estades interesados en coñecer o noso centro e, sobre todo, a nosa proposta educativa. Ademais da información que atopedes na nosa páxina web non teñades dúbida en pasar polo centro e falar persoalmente con nós. Seredes ben acollidos.

Se facedes click neste vínculo accederedes á páxina da Xunta na que poderedes descargar a lexislación que afecta ao proceso de admisión de alumnado e os anexos que hai que cubrir para realizar todo o proceso.

Nesta mesma web poderedes atopar os documentos e a lexislación necesaria para facilitarvos a reserva de praza.

Na sección da páxina web A NOSA ESCOLA poden atopar o noso Proxecto Educativo e Ideario (ver Carácter propio) e a Programación Xeral Anual na que atoparán a nosa oferta educativa (todos os niveis concertados), as actividades e servizos ofertados, os horarios do centro e da xornada escolar entre outras informacións de interese.

 

O criterio complementario do noso centro é o seguinte: «Ser fillo ou filla, irmán ou irmá, neto ou neta dun antigo alumno do noso centro ou de calquera colexio salesiano».

As datas para este proceso son as seguintes:

SOLICITUDE DE ADMISIÓN
  • Presentación da solicitude de admisión (para alumnado procedente doutros centros ou de nova incorporacaión ao centro-Infantil): 1-20 de marzo.
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 23 de marzo ao 9 de abril, ambos os dous incluídos.
  • Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.
  • Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.
 
MATRÍCULA
  • Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño - 2 de xullo (por ser o 30 de xuño día inhábil).
  • Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.
  • Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.