https://salesianoslugo.es/wp-content/uploads/2024/12/1734779182506.jpg
O 20 de decembro, último día de cole, coma sempre fixemos unha entrega simbólica dos alimentos recadados á parroquia. É a nosa forma de aportar un pequeno gran e facer que a vida dos nosos veciños sexa un chisco mellor sempre e, en especial, nestas datas.
Os nosos nenos tamén lles escribiron as súas cartas aos reis magos e que entregaron persoalmente ao rei Gaspar, presente en todo o acto. Nelas agradecen o que teñen, as súas familias que lles dan amor, protección… Aproveitaron para dalas gracias polos mestres que lles ensinan, os amigos cos que xogar, por coidalos, por ensinarlles a ser amables …
Nestas cartas que escribiron este ano non piden, agradecen o que teñen sendo conscientes que na nosa contorna hai moitas persoas que non dispoñen de todo o necesario.
Moitas gracias a tódalas familias pola vosa colaboración .
Bo Nadal!