Webinar para familias e educadores: Trastornos da conduta alimentaria na era dixital.

Queridas familias e membros da nosa comunidade educativa,

Dende  Salesianos Santiago o Maior, Inspectoría a que pertence o noso colexio de Lugo ofrecennos a oportunidade de participar nun Webinar online gratuíto impartido pola Doutora Giulia Testa da UNIR sobre un tema de grande importancia para o benestar das nosas fillas e fillos: os trastornos da conduta alimentaria na era dixital. Neste encontro virtual discutirase sobre os riscos, sinais de alerta e estratexias de prevención para apoiar ás nosas familias e educadores na tarefa de acompañar aos mozos e mozas no seu crecemento saudable.

🗓️ Data e hora: 25 de febreiro de 18:00 a 19:00
📍 Formato: en liña a través de YouTube 👉 ▶️ https://www.youtube.com/live/u0wBOWQCHf4

Esta sesión é unha oportunidade para reflexionar xuntos, aprender e compartir ferramentas que nos axuden a facer fronte a situacións complexas no contexto dixital actual. Non perdas a oportunidade de formar parte desta conversa significativa para toda a nosa comunidade educativa.

Anterior
Salesianos Lugo participa na II Feira Científica Escolar Salesianos promovendo o talento e a ciencia entre o seu alumnado
Ir al contenido