DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

 

A semana pasada foi unha semana moi especial para o noso cole xa que, coma todos os anos, celebramos a semana adicada ás Letras Galegas.

Durante toda a semana realizamos moitas e variadas actividades en todo o colexio en torno a esta festa tan especial para todos os galegos e galegas: traballos de investigación sobre Luísa Villalta, recantos, un fermoso poemario adicado a Luísa, actividades en liña, xogos…

Pero non só lembramos a esta grande escritora, música e poetisa, senón que afondamos nas seis autoras galegas homenaxeadas ao longo dos anos nesta data tan importante.

Xunto cos nosos compañeiros de outros cursos convertémonos en detectives para coñecer máis a fondo a cada unha destas enormes mulleres que tanto fixeron polo galego, e cantas cousas descubrimos!

E, como xa ven sendo tradición no cole, rematamos a semana celebrando todos os nenos e nenas do cole xuntos este día tan sinalado cun acto no patio ao carón do noso maio. Alí unimos todos as nosas voces para cantar unha fermosa canción acompañados dunha orquestra moi especial: a dos nosos rapaces e rapazas da ESO.

Foi unha xornada fermosísima e con moito sentimento, estamos desexando que cheguen xa as Letras Galegas do vindeiro curso!

Deixámosvos por aquí unhas fotos para que vexades que ben o pasamos.

Anterior
Webinar online para familias – proteger sin sobreproteger
Ir al contenido