A semana pasada foi unha semana moi especial no noso cole, xa que foi a semana adicada ás Letras Galegas e ás Cantareiras, esas mulleres que nos transmitiron o seu profundo amor pola nosas tradicións e a nosa lingua. .
Foi un tempo no que nos somerxemos na súa historia a través de traballos de investigación, recantos, traballos grupais, debuxos, música e fermosas cantigas.
Coma xa ven sendo habitual, rematamos esa semana especial cun Acto Conxunto no patio ao redor do noso maio; maio que sempre elaboramos con gran cariño e coa colaboración das nosas familias.
Nesa celebración tan especial recordamos a importancia da lingua, do noso patrimonio, da nosa cultura e cantamos todos xuntos a canción escollida para celebrar esta data tan importante coa compañía da nosa “orquestra” cos nenos e nenas de Primaria e da Eso.