https://salesianoslugo.es/wp-content/uploads/2025/02/IMG_3053-scaled.jpg
Onte, xoves, 6 de febrero tivo lugar na Praza da Milagrosa, a I Feira Científica Escolar Don Bosco, dentro do marco da celebración do día deste santo tan singular para a xuventude.
A actividade, organizada polo CPR Divina Pastora Salesianos Lugo contou coa participación de proxectos de centros de secundaria e formación profesional de toda Galicia e Castela e León, así como de centros da cidade como o Colexio Diocesano San Lorenzo. Na feira, na que se estima que houbo más de 400 persoas visitantes, puidéronse ver dende un dispensador de medicamentos autómata, pasando por unha pequena estación meteorolóxica así como un dispositivo de seguridade vial para evitar as colisións en sentido contrario.
A alcaldesa, Dona Paula Alvarellos, foi a encargada de saudar ás personas participantes e inaugurala, reforzando o obxectivo da mesma, fomentar entre a cidadanía en xeral, e a mocidade en particular, as vocacións científicas e tecnolóxicas.