Como cada ano por estas datas, no noso colexio celebramos con moita ilusión as festas na honra de María Auxiliadora. Foron uns días cheos de alegría, convivencia e actividades especiais que nos fixeron gozar moito.
Durante a semana de luns a xoves tivemos os Bos Días no patio. Cada mañá comezaba cun momento especial no que reflexionamos, cantamos e compartimos mensaxes dedicadas a María Auxiliadora. Estes momentos axúdannos a comezar o día cun sorriso e sentirmos máis unidos como comunidade educativa.
O venres pola mañá celebramos un dos momentos máis emotivos da semana: a ofrenda floral. Todo o colexio reuniuse para ofrecer flores a María Auxiliadora. Foi unha mostra do cariño que lle temos e da importancia que ten para nós.
Pola tarde chegou a gran festa colexial! O patio encheuse de cor e diversión con inchables, talleres e moita música. Nenos, nenas, familias e comunidade educativa compartimos unha tarde moi divertida celebrando xuntos o espírito salesiano que nos caracteriza.
Foron unhas festas marabillosas que levaremos no corazón ata o vindeiro ano!