habitos-e-tecnicas-de-estudio

«Escola de pais: Hábitos e técnicas de estudo»

Hábitos e técnicas de estudo

Durante as etapas de Primaria e  Secundaria, os escolares deben poñer as bases para ir construíndo  a aprendizaxe dos contidos do currículo. Profesores e familias deben asegurarse de que eses cimentos queden ben asentados para que esa aprendizaxe sexa significativa, reflexiva, e crítica.

O papel que xogan as familias na ensinanza dos  fillos/as é esencial. Nas primeiras etapas educativas, o obxectivo fundamental debe ser detectar, previr e corrixir calquera dificultade que se poda presentar na adquisición das aprendizaxes básicas e afrontala coa maior rapidez e eficacia para que non interfira; ou que o faga no menor grado posible no rendemento académico

                    Como crear o hábito de estudo nos/as nenos/as:

As familias poden facer moito para axudar no estudo dos seus fillos/as: controlar o tempo adicado ao mesmo nas etapas máis pequenas ata que se cre o hábito e sexan autónomos/as na aprendizaxe e aplicar medidas dirixidas máis ao esforzo que realizan os seus fillos/as que ao rendemento en si.

Ademais, temos que ser conscientes de que a orientación para a súa vida profesional debe comezar de maneira temperá, non cunha  finalidade concreta por unha carreira ou outra; senón dirixila aos seus ámbitos de interese, para aumentar a motivación e trazar uns obxectivos xerais, unhas metas e así dotar de sentido ao feito de estudar e aprender.

                    Estratexias de aprendizaxe na infancia

 Organizarse. Convén acostumar aos nenos/as dende moi pequenos no uso das axendas, á planificación do tempo. O primeiro que debemos facer é, por tanto, axudarlles a levar un análise das actividades diarias, seguindo estas pautas:

– Programar as actividades, tanto as diarias como as semanais.

-Dividir o tempo deestudo do dediversión.

– Aproveitar os ratos libres.
– Elixir  ben as actividades extraescolares e os seus horarios. Non utilizalas como premio ou como castigo.
– Non deixar para máis adiante o comezo do estudo.
– Non esquecer a data límite para estudar.

O lugar de estudo debe ser un lugar para traballar. Na actualidade, os nenos/as desfrutan de moitos recursos, por iso, é preciso delimitar un espazo, libre de distraccións.

Memorizar  Hai que facer uso das técnicas de subliñado, realización de esquemas e mapas conceptuais para elaborar e codificar da mellor maneira posible a información extraída. Si os/as alumnos/as non practican estas estratexias de codificación da información de maneira correcta, terán dificultades para a súa utilización en etapas superiores.

Repasar e revistar é fundamental. A falta de tempo, deixar o estudo para o último día, confiarse, etc. leva a que o día do exame o neno ou nena se quede coa mente en branco; o tema, o dato sóalle pero non acaba de evocalo e moitísimo menos é capaz de expresar satisfactoriamente o seu contido. A revisión ten como obxectivos a elaboración de materiais que faciliten no posible o proceso de interiorización e memorización; fichas de sínteses, táboas terminolóxicas,….

Falta de concentración e distraccións. Ás veces o problema non é o lugar de estudo apropiado, nin o horario, nin as técnicas instrumentais, senón algo tan frecuente como son as distraccións. A falta de concentración éconstante, é algo moi importante detectalo e axudar a enfocalo.

Interese e motivación. O cambios, a presión do grupo e a esixencia crecente do medio familiar e escolar ante o seu futuro profesional fan que para algúns/as rapaces/as estudar resulte moi difícil ou case imposible. En moitas ocasións, existe unha completa falta de motivación para todo aquilo que teña algo que ver coa escola, unha situación que é obxecto de ansiedade constante para moitas familias.

O fenómeno é cada vez máis frecuente e máis intenso. En situacións así é mester que  entendan que estudan para si mesmos/as e que é un dereito de toda persoa pero tamén un debe cara á sociedade.

A modo de conclusión, resaltamos a importancia duns bos hábitos de estudo, dende os primeiros anos, sempre acorde á idade do noso/a fillo/a, para que se vaia desenvolvendo esta habilidade, ao igual que se desenvolven outras, como a lectura, andar en bici, etcra.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

APEGO SEGURO

AOS XOGUETES DALLES IGUAL SE É NENO OU NENA

SAÚDE MENTAL E NOVAS TECNOLOXÍAS

BENESTAR E PROTECCIÓN

Anterior
Viaxe a Madrid para ver o musical «Sueños»
Siguiente
Webinar online para familias – proteger sin sobreproteger

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Rellena este campo
Rellena este campo
Por favor, introduce una dirección de correo electrónico válida.
Tienes que aprobar los términos para continuar

Ir al contenido