Don Fabio Attard elixido novo Reitor Maior dos Salesianos.
O Sacerdote Salesiano Fabio Attard foi elixido, esta mañá, Reitor Maior Da Congregación Salesiana converténdose así no XI Sucesor de Don Bosco.
Fabio Attard, que non participaba neste Capítulo, agradece a confianza dos irmáns e especialmente a confianza en Deus para asumir esta nova tarefa.
Segundo as Constitucións salesianas, “el Rector Mayor, superior de la Sociedad Salesiana, es el Sucesor de Don Bosco, el padre y el centro de unidad de la Familia Salesiana», Exercerá durante seis anos o goberno e a animación da Congregación, ata o seguinte Capítulo Xeral.
Quen é o novo Reitor Maior?
Fabio Attard naceu o 23 de marzo de 1959 en Gozo(Malta). Profesou como salesiano o 9 de setembro de 1980 en Dublín, onde fixo o noviciado. Recibe a ordenación diaconal en Roma o 11 de xullo de 1986, e na mesma cidade foi ordenado sacerdote o 4 de xullo do ano seguinte.
Director de varias obras salesianas en Malta, foi, ademais, director do Instituto de Formación Pastoral da Arquidiocese de Malta, que le mesmo fundou en 2005.
Fabio Attard é linciado en Teoloxía Moral polo “Alfonsianum” de Roma.
Participou no Capítulo Xeral 26 en 2008 como delegado da Inspectoría de Irlanda, nesa Asmblea foi nomeado como conselleiro xeral para a Pastoral Xuvenil da Congragación Salesiana: No 2020 o Reitor Maior encomendoulle a tarefa de crear o Proxecto de Formación Permanente Salesianos e laico en Europa.
No 2018 o papa Francisco nomeouno Consultor do Dicasterio para os Laicos, a Familia e a Vida, cargo que segue desempeñando na actualidade. Visitou en numerosas ocasións o noso país e a nosa inspectoría Santiago el Mayor(SSM) dende o 1 de outubro de 2023 ata o 31 de maio do 2024; na nosa casa estivo en outubro do 2023.