Hoxe, 23 de febreiro do 2024, celebramos o Día de Rosalía de Castro. Foi unha xornada chea de actividades:
- Bos días por megafonía nas etapas de EI – EP. Un grupo de nenos e nenas animaron a xornada de Rosalía de Castro lendo un poema de Rosalía de Castro.
- Recitado de poemas. Os nenos/as de 1º, 2º e 3º EP acudiron ás clases de EI(Soles, Fresas, Globos, Caracoles e Setas) para recitarlles aos máis pequenos un poema de Rosalía de Castro.
- Aprendizaxe de servizo. Os nenos/as de 4º, 5º e 6º EP visitaron aos compañeiros/as de 1º, 2º e 3º para levar a acabo unha aprendizaxe de servizo, axudándolles a facer uns marcapáxinas coa imaxe da gran poetisa Rosalía de Castro, tamén lles recitaron uns poemas que traballaron ao longo da semana. A sorpresa foi que os máis cativos tamén os sabían!
- Recreo musical. Nos recreos de EP, mentres xogamos, escoitamos cancións cos poemas que escribiu Rosalía ao longo da súa vida.
Gústanos facer actividades diferentes para fomentar e presumir da nosa lingua, lingua pola que loitou Rosalía ao longo da súa vida.
Viva Rosalía de Castro!