As datas para este proceso son as seguintes:
1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA
(exclusivo para o alumnado procedente dos centros adscritos)
Solicitude de reserva de praza realizarase mediante o modelo Anexo I que se tramitará mediante a aplicación informática admisionalumnado ou descargando e cumplimentando de forma manual o citado anexo e entregándoo no noso centro. O prazo é do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.
Data do sorteo público de letra de prioridade dos apelidos a efectos de desempate: antes do 1 de marzo.
Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
2ª FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN
(Para alumnado procedente doutros centros distintos dos adscritos) (tamén para alumnado procedente dos centros adscritos que non solicitaran a reserva do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro)
Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II no centro solicitado ou ben pola aplicación informática admisionalumnado no primeiro lugar de preferencia: do 1 ao 20 de marzo de 2024.
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 21 de marzo ao 11 de abril, ambos os dous incluídos.
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: 25 de abril.
Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: 15 de maio.
Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido será xestionada dende a aplicación informática admisionalumnado.
3ª FASE: MATRÍCULA
Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño – 30 de xuño.
Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 23 de xuño – 7 de xullo.