Benqueridas familias:

Benvidos ao curso 2026-2027!

En Salesianos Lugo recibímosvos con ilusión, abrindo de novo as portas da nosa casa, que tamén é a vosa. «Esta é a túa casa» é o lema que nos acompañará ao longo deste curso e que nos invita a facer do noso colexio un lugar no que todos e todas poidamos sentirnos acollidos, escoitados e acompañados.

Don Bosco soñou os seus ambientes como espazos nos que cada neno, cada nena e cada mozo puidese sentirse valorado e querido. Ese soño segue sendo tamén o noso: construír cada día unha casa na que cada persoa atope o seu lugar e poida medrar, aprender e ser feliz.

Sentirse na casa é saber que non estás só, que hai persoas que camiñan contigo, que te acompañan e que cren en ti. É saber que tes o teu sitio e que a túa presenza importa.

Alumnado, familias e educadores formamos unha mesma comunidade. Xuntos afrontaremos este novo curso, cos seus retos, ilusións e oportunidades. Axudarémonos nas dificultades, aprenderemos dos erros e celebraremos cada logro como un éxito compartido.

Que este curso sexa unha nova oportunidade para coidar os vínculos, fortalecer a comunidade e facer do noso colexio unha auténtica casa para todos e todas.

Esta é a túa casa.

Unha forte aperta e feliz comezo de curso!

José Luis Gallego Fortes

Director Salesianos Lugo

Ir al contenido