Como tódolos anos rematamos o trimestre aportando unha miguiña para axudar aos máis necesitados a través de Cáritas. O xoves 21 de decembro fixemos entrega dos alimentos que recadamos ao longo da última semana de decembro.
Ao longo de todo o curso imos colaborando a poucos, adicando unha semana de case tódolos meses á recollida de alimentos.
Neste acto estivo presente toda a comunidade educativa, coa participación especial do alumnado que contou un conto no que nos din: “Na Operación Quilo, o sono está en dar, compartamos xuntos e fagámolo realidade! Que neste Nadal non falte nunca un prato quente e un teito no que se poida celebrar o Nadal!
Recordade que a verdadeira maxia está en compartir co corazón e o regalo máis fermoso é o amor e a axuda aos que máis o necesitan.
Bo Nadal e un próspero ano novo cheo de xenerosidade!