Que é eTwinning? eTwinning é unha plataforma educativa que abarca a miles de centros escolares repartidos por toda Europa e algún noutros continentes.

O obxectivo de eTwinning é promover e facilitar o contacto, o intercambio de ideas e o traballo en colaboración entre o profesorado e o alumnado dos países que participan en eTwinning a través das TIC. Ademais de ofrecer oportunidades de interacción e formación, docentes e alumnos dos centros escolares de distintos países europeos poden desenvolver proxectos de colaboración a través de internet sobre calquera tema acordado polos fundadores.

Na actualidade no colexio Divina Pastora Salesianos, estamos a desenvolver dous proxectos eTwinning nas etapas de primaria.

No segundo ciclo de Primaria (3º e 4º) levaremos a cabo ao longo de todo o curso o que leva por título “Funnyfamilies!” (familias divertidas!) en cooperación con máis de 15 centros escolares de: España, Italia, Grecia, Portugal, Eslovaquia, Romanía, Turquía e Francia.

En terceiro ciclo de Primaria (5º e 6º), comezamos con outro proxecto en colaboración con: Alemaña, Italia, Martinica e España baixo o título de “Comecemos xuntos!” E que se estenderá, do mesmo xeito que o anterior, durante todo o curso.

Para completar todos os ciclos de Primaria, preténdese que o último trimestre se realice outro proxecto eTwinning cos cursos de 1º e 2º de Educación Primaria para, deste xeito, permitir a todo o alumnado de Primaria que poida ter a experiencia de traballar xuntamente con outros nenos e nenas de países, culturas e idiomas diferentes ao seu que veñan completar e enriquecer o coñecemento e personalidade dos nosos alumnos e formalos para un mundo cada vez máis globalizado.

Por último hai que destacar que o proxecto “Funnyfamilies!” Comezou da mellor forma posible, tendo en conta que gañou o concurso de logos, primeiro paso en calquera proxecto, de entre máis de 15 centros educativos de 8 países e cun total de 113 votos (con diferenza o que máis obtivo) así pois, temos que felicitar ao noso alumnado polo seu traballo, polo seu saber traballar colaborativamente pois foi un triunfo de grupo, non individual xa que todos gañan.

Este foi o debuxo gañador. Parabéns para todos!

Anterior
Enredados – Uso de internet e saúde mental
Siguiente
Despensa solidaria

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Rellena este campo
Rellena este campo
Por favor, introduce una dirección de correo electrónico válida.
Tienes que aprobar los términos para continuar

Ir al contenido