Este ano o C.D. Divina Pastora conta con distintas actividades lúdico-deportivas para ocupar o tempo libre e extraescolar unha vez rematada a xornada lectiva. Baloncesto e fútbol sala para o alumnado de Educación Primaria e Xogos e Predeporte para o alumnado de Educación Infantil encherán de xogos e diversión as instalacións do colexio, ao mesmo tempo que un equipo de categoría benxamín de fútbol sala nos representará ao longo de todo o ano na competición existente na cidade a través da Federación Galega de Fútbol Sala.

 

 

 

 

En predeporte para 4º e 5º de infantil Rubén intentará guiar nos primeiros pasos no deporte aos máis pequenos de noso cole.

Na actividade de predeporte os máis peques de infantil e 1º de E.P. desfrutarán dos xogos e actividades que lles propón Adrián Mirón, ademais de disputar diferentes partidos amistosos e torneos o longo de todo o ano.

Na actividade de Fútbol Sala contase coa participación de un equipo benxamín, o cal participa na competición organizada pola Federación Galega na nosa cidade e é dirixido tamén por Adrián Mirón.

No que respecta ó baloncesto esta tempada contamos cun novo adestrador, que non e ningún descoñecido , xa que se trata do mestre do colexio Javier Romay, o cal adestrará ó equipo benxamín mixto que xa estaba con nos o ano pasado.

 

Con estas e outras actividades coma os torneos Don Bosco e María Auxiliadora ou as actividades deportivas coas que celebramos os inicios e finais de curso tentamos que o noso clube, e o deporte en xeral, estén presentes na vida colexial dos nosos alumnos e alumnas.

 

Rubén Barrios Trigo