Unha das ofertas cas que contamos no noso centro dentro das actividades extraescolares é a Actividade de Inglés coa empresa Language Kingdom.

 

O horario de dita actividade é sempre ao mediodía :

Luns e mércores para Educación Infantil

Martes e xoves para Educación Primaria

Neste curso contamos cun total de case 50 alumnos e alumnas inscritos/as, repartidos en 4 grupos segundo o seu nivel.

Os alumnos e as alumnas aprenden inglés de forma lúdica e traballando moito a expresión oral, co que tentamos que cheguen a ser competentes na lingua inglesa.

Ao final de curso poderán presentarse a un exame sempre que o seu nivel sexa o axeitado e as familias o desexen.

Contamos tamén cunha profe nativa que vai rotando polos grupos, facendo diferentes actividades cos alumnos e alumnas.

Animádevos a participar nesta actividade. Non vos arrepentiredes!

 

AÍNDA ESTADES A TEMPO!!!