DURMIMOS OU SOBREVIVIMOS?

 

O durmir soe complicarse porque é a hora da separación cos pais, con todo o que hai para xogar ou ver pola televisión ¿ para que perder o tempo na cama ?


O que igual  non sabemos é que os malos costumes  de pequenos á hora de durmir pasan factura de adultos, e por iso é importante estar atentos.


Empecemos polo principio: Canto teñen que durmir?


Temos no cerebro un pequeno grupo de células que funcionan coma un reloxo. Poñendo rutinas diarias aos nenos/as programamos este reloxo interno.


A cantidade de horas de sono necesarias para crecer axeitadamente e estar en plenas condicións depende da idade. Esta é a media máis propiada:

IDADE

SONO NOCTURNO (HORAS)

SESTA

 (HORAS)

HORAS TOTAIS

1 MES

8.5

8

16.5

6 MESES

10.5

4

14.5

12 MESES

11

2.5

13.5

2 ANOS

11

2

13

4 ANOS

11

0

11

8  ANOS

10

0

10

12 ANOS

9

0

9

16  ANOS

8

0

8

 

 E a que hora deitarse?


É sinxelo de calcular. A que hora teñen que levantarse? Descontamos o número de horas que necesitan durmir e teremos a hora. Os expertos consideran entre as 9 e as 10 a hora natural na que mellor concilian o sono.


Como facer que vaian á cama?


Un problema bastante habitual co que nos encontramos é que os nenos/as se resistan a ir á cama. Pero é importante que non sexan eles/as os que marquen a pauta senón nós, que sabemos canto e cando deben durmir.

Algunhas pistas para solucionar o problema:


1.    Establecer unha rutina á hora de deitarse duns 20 ou 30 minutos.
Actividades tranquilas que non lles “aceleren”, senón que consigan que vaian relaxándose pouco a pouco (un baño, cea, conto, etc.) Cousas agradables.
Faremos as cousas todos os días na mesma orde para ir creando hábitos e así “programar”  o seu corpo e a súa mente. É  fundamental ser constantes.


2.    Á cama!
Unha vez rematada a rutina, debemos deitalos e deixalos na súa habitación  con todo o que necesiten (auga, bonecos…). É importante deitalos espertos. Teñen que aprender a durmirse sós.


3.    E agora a ser firmes!
Se o neno/a está mal  , problemente chamará , chorará.... aínda que sexa difícil , hai que ignorar eses choros e protestas.
Se despois de 5 minutos segue chorando , acercarémonos uns minutos , pero só nos asomaremos e en ton tranquilo , animarémolo a durmirse.A razón de ir non é consolalo/a senón que é asegurarnos de que está ben , facerlle ver que non nos esquecemos deles/as pero que non estamos dispostos a ceder.
Se segue chorando ( que será o máis probable) , volveremos a facer o mesmo. As seguintes noites tardaremos máis tempo en acudir as chamadas.
Ás veces , saen do seu cuarto .... que FACER? Pois volvelo a levar á cama coa mesma actitude que antes: pouca conversación , sen gritos......


4.    Felicítalo/a!
Pola mañá hai que felicitar e “ premiar “ o comportamento de permanecer na cama. Así reforzaremos a conduta e iremos progresando. É moi importante non sermonear ao día seguinte se non conseguimos que estivera/se na cama. Aínda que sexa difícil, temos que concentrarnos nas melloras.


5.    A observar!
Hai que ter moita paciencia, percíbese a melloría nunha semana aproximadamente (eso si , nós debemos de ser constantes).


6.    Ir establecendo a hora axeitada de deitase.
Unha vez establecida a rutina e calmados un pouco os ánimos, haberá que empezar a adiantar a hora de durmirse ata a que consideremos axeitada. Empezaremos a rutina de  dez a quince minutos antes ata chegar á que nos propuxemos. Sen présa, pero sen pausa porque si cambiamos a hora moi rápido, podemos volver a ter problemas.