Benvidos e benvidas a un novo curso escolar , especialmente aqueles que vos incorporáis ao noso cole, a nosa familia. O primeiro que queremos facer e presentar este espazo , así que o artigo deste mes é iso , unha breve presentación :

Comezamos ……

en moitas ocasións pensamos que beneficioso sería ter un manual de intruccións para actuar cos nosos/as fillos/as verdade ? Seguramente consultariamolo en infinidade de ocasións; cando estamos desorientados, cando nos enfrentamos ante novas situacións, ou para non sentir esa inseguridade que ás veces nos invade.

Neste “ Espazo de Familias” non pretendemos dar recetas máxicas , xa que sabemos que non existen , tampouco buscamos ser un lugar de verdades absolutas , o único que buscamos é ofrecervos información funcional , ideas para solventar situacións que se nos presentan no día a día , sen esquecernos por suposto do proceso educativo no que os vosos/as fillos/as están inmersos. En moitas ocasións vivimos ou viviremos situacións como as que imos visualizar neste video , diferentes circunstancias ás que temos que dar resposta e iso non é sinxelo , así que vos invitamos a facer memoria e que os máis expertos nos axuden cos seus consellos:

https://www.youtube.com/watch?v=DSv7YgIzaBo

Este vídeo é un pequeno exemplo ,a diversa temática que afrontaremos ao longo deste curso é a seguinte:

  • A importancia da comunicación na familia

  • Estratexias para educar

  • Habilidades Sociais, resolución de conflitos

  • Desenvolvemento evolutivo

  • Hábitos e técnicas de estudo

  • A adolescencia

  • Establecemento de normas e rutinas

  • Menores , Internet e redes sociais

  • Saúde e consumo

  • Innovación Educativa

  • Educación emocional e afectiva

  • Orientación Vocacional

  • Outros

A parte dos mencionados , trataremos tamén aqueles temas que xurdan , que sexan de actualidade ou de interese xeral e como novidade tamén haberá un apartado de “ RECURSOS PARA FAMILIAS” nos que poderedes encontrar enlaces de interese, guías, artigos.......

Despois desta pequena presentación toca expresar un desexo para este novo curso que comeza e o noso é o seguinte:

Ao longo do curso intentaremos vivir xuntos esta apaixoante aventura, coñecernos , aceptarnos e querernos a nós mesmos , porque así ,só así é posible contaxiar algo positivo ás persoas que nos rodean. Antonio Blay dicía:” Unha vida só é plena si se “ perde “ media en atoparse cun mesmo , para poder adicar a outra media a atoparse cos demáis . Así que imos DESCUBRIR A VIDA XUNTOS!!!!