Ás veces podemos previr o mal comportamento. Outras, nembargantes, teremos que intervir despois de que os nosos/as fillos/as se porten dunha maneira inaxeitada. Cando un neno/a se porta mal, normalmente, respostamos a ese mal comportamento. Por fortuna, hai veces en que non temos que facer demasiado ao respecto. Ao referirnos a esas ocasións falamos de disciplina flexible.

Outras veces hai que reaccionar con máis firmeza, utilizando formas de disciplina máis elaborada, disciplina forte.

Disciplina suave

Cando un neno/a se porta mal, a veces pódese facer algo de forma sinxela para atallar o problema. Algunhas cousas das que se poden facer son:

Sembrar a norma:

O mero feito de sembrar unha norma ou o límite ao neno/a , bastará para evitar un mal comportamento : “lembra , xogar fora ao balón , non dentro da casa”.

Advertir das consecuencias

Advertir a un neno/a que pasará si fai o mesmo unha segunda vez, pode funcionar, pero as advertencia soamente funcionan si se dan unha ou dúas veces. Si se adverte unha vez tras outra sobre o mesmo e os adultos non actúan ,o seu fillo/a saberá que non o di en serio. Si o neno/a se segue portando mal despois da advertencia , terá que tomar medidas máis serias e decididas

Ignorar o comportamento :

Nalgunhas ocasións ignorar cando o neno/a fai algo que non está ben é unha medida prudente. “ Non escoitar “ unha palabrota , un comentario negativo pode ser ás veces a mellor solución , pero só ás veces. Non se debe utilizar coma unha norma .

Eloxiar por un comportamento:

Eloxiar o seu fillo/a cando fai algo ben , aínda que noutras ocasións o faga mal , pode estimulalo a facer o correcto máis a miúdo. Poña o acento no positivo , non no negativo.

Disciplina máis forte

Ás veces a disciplina suave non funciona e se necesita algo máis contudente , un enfoque máis directo e persuasivo que ensine aos nosos nenos/as a non inflinxir de novo as normas e límites establecidos.O que significa indagar porque se produce o mal comportamento e establecer cambios que eviten que se repita.

Ditos cambios inclúen averiguar os motivos dese mal comportamento e establecer consecuencias ou castigos se o comportamento o require.