É moi importante que as familias comprendan o seu papel educativo ( en todas as idades). Os pais e nais deben de asumir o rol non de “amigos” ou “colegas “, porque non o son , senón de pais/nais amistosos/as , dialogantes , que teñen como responsabilidade a educación dos seus fillos/as , a transmisión duns valores cos que en moitas ocasións , deberán enfrontarse con autoridade, aceptando ou rexeitando o comportamento dos seus fillos/as e argumentando sempre o porqué do rexeitamento , pero sempre esixindo o cumprimento dunhas normas establecidas con anterioridade, isto non empobrecerá as relacións afectivas , senon que , ao contrario , serán máis firmes:

Lembre :

A autoridade está baseada en:

  • A responsabilidade que ten como pai/nai ante os seus fillos/as e a sociedade.
  • As obrigas de ensinar, educar , formar e corrixir .

A autoridade se exerce:

  • Con respecto polo/a outro/a.
  • Con agarimo e coa comprensión de que ninguén nace ensinado .
  • Co razoamento axustado á idade do/a neno/a.

Non confundir autoridade con autoritarismo.O autoritarismo está baseado en:

  • A ausencia de razoamento
  • A imposición.

Teña coidado coa sobreprotección xa que pode provocar no neno/a:

  • Falta de responsabilidade.
  • Falta de seguridade.
  • Falta de autoconfianza.
  • Falta de autoestima
  • Falta de habilidades.

 

* “Manual Didáctico para las Escuela de Padres”

http://www.navarra.es/NR/rdonlyres/7DEF9FD2-CC0B-4B2F-86A5-E218D9DD672C/243833/Manualdidacticopadresymadres.pdf