• https://www.escuelascatolicas.es/pacto-educativo-global/


EDUCAR EN IGUALDADE PARA A IGUALDADE, COEDUCAR

 

Para conseguir unha igualdade real e efectiva é importante educar no respecto ás persoas dende que son pequenos. Esta tarefa é, en gran parte, da familia, que é a que ten maior influencia. A educación na escola é clave, pero co apoio da casa.

Primeiro é necesario saber que significa educar para a igualdade, ou en igualdade, é dicir coeducar.

Coeducar consiste en desenvolver todas as capacidades, tanto de nenas como de nenos, a través da educación. Supón eliminar estereotipos ou ideas preconcibidas sobre as características que deben ter as nenas e os nenos, os chicos e as chicas, as mulleres e os homes. Cada neno ou cada nena, ten dereito a ser diferente, polo que é necesario educar valorando as diferenzas individuais e as cualidades persoais. Coeducar, ten como obxectivo facer persoas dialogantes e implica respecto e tolerancia, polo que é unha garantía para a prevención de todo tipo de violencias. Educar no respecto e a tolerancia, en igualdade de condicións, de trato e de oportunidades, é educar para a vida.

Nesta importante e difícil tarefa, a familia xoga un papel moi importante no desenvolvemento xeral das persoas. Como pais e nais temos unha gran influencia durante a crianza dos máis pequenos. As mensaxes que se dan asimílanas de tal xeitoque empezarán a ser parte da súa maneira de ser e ver a vida. Para educar na igualdade estas mensaxes deben apartarse dos estereotipos tales como: “os nenos non choran”, “as mulleres son delicadas”, “os homes non deben expresar os seus sentimentos”...

O obxectivo da familia, xunto coa axuda da escola, é ensinarlles a comportarse segundo os valores e pautas socioculturais, educando aos nenos e nenas no respecto cara aos demais dende idades temperás. As normas da sociedade empezan desde nós mesmos e, por tanto, debemos ser os primeiros en marcalas.

Hai que darse conta de que dunha xeración a outra, transmítense tradicións, costumes e roles que, ás veces, pódenselles chamar de non igualdade.

Debido a estes roles que se impoñen por tradición, os fillos e fillas, ou netos e netas, poden chegar a non aprender a facer as cousas básicas para funcionar de maneira

independente e a asumir actitudes rebeldes ao darse conta de que non existe igualdade. Por exemplo: “Ana como é a nena axuda a poñer a mesa e David que é o neno non ten por que”. É importante que identifiquemos, como adultos, se estamos a educar con esta falsa sensación de igualdade e ser obxectivos en canto a ela.

Entón, que facer para educar en igualdade?

Aquí van algunhas pautas xerais para conseguilo.

• Reforzar e alentar o positivo dos máis pequenos.

• Deixar de lado “etiquetas” destrutivas e sexistas. Esta linguaxe negativa provoca pouca seguridade, aumento da culpabilidade e baixa autoestima.

• Aceptar a individualidade de cada filla e fillo, permitíndolles ser eles e elas mesmos.

• En canto aos estereotipos do fogar: débense ensinar as tarefas aos fillos e ás fillas e rotalas entre todos os integrantes da familia equitativamente.

• Apoiar e animar aos nenos e nenas para que desenvolvan os seus talentos.

• Educar dende o amor, a creatividade, a paciencia e desde a madurez e deixar de lado a educación autoritaria.

• E sobre todo educar aos nenos a través do exemplo.

contacto