• https://www.escuelascatolicas.es/pacto-educativo-global/


AS FAKE NEWS

As fake news (noticias falsas) son noticias que presentan feitos falsos como se foran verdadeiros, é dicir, noticias creadas con información falsa e difundidas de maneira masiva co obxectivo deliberado de desinformar ou enganar.

Actualmente todas as redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram...), o buscador Google e YouTube, entre outros, loitan contra as noticias falsas que se viralizan máis rápido e teñen máis repercusión social que as verdadeiras. Isto é debido, entre outras cousas, a que soen ter un aspecto máis atraínte e son máis divertidas, ademais de estar orientadas a tocar a emoción humana, servíndose da mesma, o que ten como consecuencia que se compartan rapidamente e sen ningún filtro por parte do receptor.

Os nosos fillos e fillas, sobre todo os adolescentes, poden caer facilmente en crer as fake news, estando nunha etapa na que poder ser influídos facilmente, polo grupo de amizade, de referencia, de internet.

As “fake news”, tanto para adultos, como para nenos/as maiores e adolescentes, poden crear:

-Confusión ou desconcerto ao aportar información falsa.

- Manipulación de decisión persoais. Inflúen á hora de tomar decisións de maneira indirecta, dirixindo as decisións de maneira deliberada.

- Desprestixio o enaltecemento de persoas, entidades ou institucións: Cambia as percepcións cara persoas, entidades ou institucións, impoñendo unha impresión manipulada.

- Ganancias económicas ou beneficios políticos. Útilizanse para facer dano á competencia en beneficio propio.

-Influencia na opinión pública. Utilízase á masa, creando ou dirixindo a opinión pública.

Despois de todo o dito anteriormente, contestando ao para que se publican noticias falsas, pasamos agora a como detectar as fake news. Con estes consellos ou rutinas, que podemos aplicar nos mesmos no día a día, como compartilas coas nosas fillas e fillos:

- Revisar o autor: Se non está firmado non te fies. Soen ser anónimos, non citan fontes oficiais e invitan a compartir o contido.

- Revisar a fonte: Se non coñeces a fonte ou o medio, desconfía. Asegúrate que a noticia estea escrita por unha fonte de confianza.

- Si o formato non é habitual, tes motivos para dubidar. Soen ter títulos chamativos, en maiúsculas, abusan dos signos de exclamación e inclúen símbolos pouco habituais no texto. Así como se apracen erros ortográficos e de redacción, sospeita. É dicir, se non se parecen ás que poden aparecer nun xornal, poden ser fake news.

- Se esa noticia non está noutro medio, desconfía, se en ningún outro periódico, canle ou páxina ofrece esa noticia, é posible que sexa falsa.

- Se non ten data, é probable que sexa falsa, xa que as noticias reais prodúcense inmediatamente tras ocorrer os feitos.

- Reflexiona se compartir: Se ti non o firmarías, non compartas. Pensa acerca das noticias que les e comparte so as que son cribles.

De todolos xeitos, todas as persoas somo susceptibles de crernos e comaprtir fake news. Un estudio do ano 2016 en España explica que o 60% dos españois cremos que sabemos diferenciar unha noticia falsa dunha real, pero en realidade o 86% non as sabemos diferenciar.

Ademais hai un fenómeno que se chama postverdade, que se define como aquela circunstancia na que os feitos obxectivos inflúen menos na opinión pública que as emocións, o que pode ser perigoso para a sociedade.

Pero non todo é negativo, no estudio descubriuse que os xoves teñen máis capacidade para distinguir entre noticias reais e as falsas, polo que cunha boa base, reflexión en familia, pódese diminuír o impacto no día a día das persoas

contacto