• https://www.escuelascatolicas.es/pacto-educativo-global/


 

A REDE E O QUE NOS PODEMOS ATOPAR

 

A educación dos menores en referencia ao uso responsable das TICS é algo imprescindible na actualidade cara á prevención ao acceso de contidos apropiados e incluso perigosos para a saúde tanto física coma psíquica; e isto é unha responsabilidade compartida que implica a pais/nais/ educadores....

Para iso resulta necesario que todos eses axentes coñezamos a existencia de sistemas de clasificación de contidos, entre os que destacamos:

-Criterios do Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA)

Establece uns criterios para poder cualificar por grupos de idade os contidos audiovisuais antes da súa exhibición; coa finalidade de que aquelas persoas con responsabilidade educativas, formativas ou de tutela sobre menores de idade, que poidan ter un coñecemento axeitado e dispoñer así de información de calidade para responder dunha maneira responsable cara os seus fillos/as ou alumnado.

 

-Clasificación PEGI y PEGI online

Creouse coma unha ferramenta para axudar as familias a tomar decisións responsable á hora de adquirir videoxogos; se conteñen algún contido de xogo inaxeitado ( violencia, actividade ou insinuación sexual, desnudos, linguaxe soez, apostas, ......) deben estar clasificador por idades segundo o PEGI ( consistente en etiquetas de clasificación por idade + descritor do contido)

 

-Control parental e límites de uso

Existen varias ferramentas e sistemas de filtrado de contidos coma por exemplo:

- Buscadores deseñados específicamente para os nenos/as, para a prevención e a navegación segura. Por exemplo: Yahoo! Kids, kIds Click...

A aplicación de vídeo YouTube, tamén posúe unha versión adaptada YouTube Kids.

 

- Tamén os Proveedores do Servizo de Interne, coñecidos como ISP; son compañías que ademais da conexión á Rede, ofrecen aos usuarios programas informáticos con filtros incoroporados. Además existen unha serie de aplicación recomendadas como por exemplo:

o O Búho Boo, Paper, Toca Doctor, Toontastic.....

 

-Estratexias de prevención de contidos pornográficos:

-Usar sofware e/o subscribirse a servizoz de internet para controlar, filtrar e bloquear contidos sexuais. No caso de que esta medida sexa pouco práctica debido a que os menores necesiten maior acceso a Internet, poden utilizarse as opcións de filtrados dispoñibles nos motores de búsqueda.

-Se os menores encontran de maneira accidental un contido deste tipo é fundamental manter a calma. En moitos casos estes sitios aparecen a través de publicidade en liña, sendo difícil de eliminar; polo que sería moi recomendable que os menores se sintan cómodos para recorrer a un adulto en busca de axuda, consello.....

-A partires de certa idade os filtros deixan de ser unha solución viable; así que o máis produtivo sería un enfoque de diálogo axudándolles a desenvolver habilidades de pensamento crítico....

 

-Recomendacións sobre contido de xogos e apostas:

A industria de xogos de azar e casa de apostas por Internet medra de maneira exponencial; por iso é moi importante tratar este tema cos menores acerca deste tipo de ocio.

-Debatir con eles/as cales son os principais riscos dos xogos de azar.

-Lembrar aos menores que este tipo de publicidade está creada coa finalidade de chegar a un número altísimo de posibles xogadores/as que non agasallan nada, senón que ingresan cantidades altísimas de diñeiro.

 

A modo de conclusión poderíamos rematar afirmando que entre todos debemos de fomentar nos xóvenes estilos de vida saudable a través de mensaxes que promovan actitudes e hábitos propios; axudarlles a obter por si mesmos información positiva en Internet; facilitarlles videoxogos...... dotalos de ferramentas nesta nova era dixital para que a utilicen e compartan da maneira máis segura posible.

contacto