O MEDO

 

É moi normal que os nenos e nenas teñan medo en certas circunstancias. O medo é unha emoción, polo que é moi importante tela en conta e poder identificala e manexala. Ademais é unha maneira de que os que están medrando sexan máis cautos e menos irreflexivos.

A maioría dos nenos e nenas saben afrontar os seus medos normais coa axuda e o apoio da súa familia. A medida que van crecendo, van superando os medos que tiñan cando eran máis pequenos.

Xeralmente os medos soen aparecen en idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos, cando os cativos/as non entenden ben o mundo que os rodea e non son quen de separar o real do imaxinario.

Por exemplo entre o ano e os tres anos teñen ansiedade da separación, polo que lles causa medo estar lonxe dos seus pais, non queren quedar na gardería. No colexio, ou non queren estar sos na cama.

Entre os catro e os seis, aproximadamente, soen asustarse por cousas irreais, xa son quen de usar a imaxinación pero non saben distinguir o que é real do que non, os monstros que teñen na cabeza para eles son de verdade, de aí o medo á escuridade, do que poida haber debaixo da cama, no armario... Incluso é normal que teñan medo de ter pesadelos.

Os nenos máis maiores, despois dos sete anos, xa comezan a ter medo dos perigos da vida real, de cousas que “poden” ocorrer, que entre alguén malo na casa, de catástrofes naturais (agora mesmo dos volcáns, por exemplo) ou que unha persoa querida poida morrer. Tamén comezan a ter medo de fallar nun traballo, nunha presentación de clase, de ter malas notas, de non encaixar no grupo de amizade, etc.

Na época da preadolescencia e adolescencia, ademais dos anteriores, comezan os medos sociais, sobre o seu aspecto físico, a forma de vestir, a pertenza ao seu grupo. Xa non son medos a cousas externas, se non sobre si mesmo e a relación cos demais.

Se en calquera destas etapas, as vosas fillas ou fillos, sofren por algún medo o máis importante é transmitirlles tranquilidade, seguridade e confianza. Ao falar cos vosos fillos e fillas, tedes que recoñecer esas preocupacións que teñen, sen intensificalas nin reafirmalas, pero tampouco sen quitarlle a importancia que teñen para eles. Non é prudente intentar obrigar á túa filla ou fillo a ser valente, xa que por dicilo non vai deixar de ter ese medo, vaille levar tempo enfrontar e superar pouco a pouco esa ansiedade.

Cando son pequenos, é moi importante tranquilizar aos nenos/as dicíndolles que todo está ben, que están seguros e que estamos ao seu lado. Desta forma sentirase protexido e seguro.

Cando comezan na gardería ou no colexio, intentade que se separe de vos durante breves períodos de tempo, asegurándolle que volveredes e despedídevos sorrindo. Así irá aprendendo que sempre volvedes.

Se o voso fillo/a ten medo á escuridade, creade unha rutina tranquilizadora á hora de irse á cama, lendo con el/ela, cantándolle, deixando unha pequena luz de guía, faráselle máis doado.

Tamén é importante axudar a afrontar os medos pouco a pouco, comprobando xuntos que non hai nada debaixo da cama, e despois felicitando o valente que foi.... E cando son máis maiores, é importante que se preparen para eses desafíos que temen, estudiar ben o tema, preparar a presentación, se controlan o que van facer sentiranse máis seguros en si mesmos.

Por último, sobre todo cos máis pequenos, é moi importante non expoñelos a imaxes, películas ou noticias que asustan, xa que soamente conseguiremos alimentar eses medos.

Os medos son normais, ata que limitan a vida do noso fillo ou filla, se son moi intensos, ou chegan a ser fobias (medo irracional), se persisten moito tempo, se lle provocan moita angustia ou incluso síntomas físicos (dor de estómago, ritmo cardíaco acelerado, que lle falta o aire, náuseas) é imporante falar co seu pediatra, xa que poden necesitar unha axuda máis concreta para superalos e poder levar unha vida normal.

contacto

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.