Para favorecer que os nosos fillos/as desenvolvan ferramentas para aplicar nas diferentes situacións e contextos, é importante educar no ámbito familiar AS EMOCIÓNS.

As emocións son as nosas compañeiras de vida, polo que é mester coñecelas ben, así como recoñecer o importantes que son. É moi común non ter un control delas, ou non saber entendelas. Isto fai que cando as persoas ao noso redor nos pregunten algo tan sinxelo coma: como estas? – respondamos cun: “ben” sen nin sequera pararnos a sentir. Isto pode levarnos a ter dificultades nas nosas relacións persoais por non poder, ou non saber expresar ben o que sentimos. Se isto nos ocorre a nós coma adultos, podemos imaxinar como é para os máis pequenos.

Darse conta das emocións, darlles lugar e poñerlles nome, axuda a recoñecer como nos sentimos. Desta maneira é moito máis sinxelo dar un sentido as nosas formas de actuar, logrando dirixir e xestionar mellor as nosas reaccións.

Algúns consellos para aplicar na casa:

● Como nai ou pai recoñece e dálle lugar as emocións propias: cando sintas que unha emoción te invade, non a intentes reprimir ou negar. Indaga nas causas e nas consecuencias.

● Axúdao/a a verbalizar a emoción, faille as mesmas preguntas que te fas ti; se nalgún momento lle custa falar sobre iso, apóiao/a de maneira que pouco a pouco o seu vocabulario emocional creza e así máis tarde poida realizar a súa propia xestión emocional.

● Escóitao/a: cando percibas que algo non está ben; que o neno ou a nena está máis distraído, máis irritable... atrévete a preguntarlle que sucede, dálle lugar ao que está dicindo e anímao a que fale do que lle está pasando.

● Invítao a preguntar: anímao a que pregunte cando non entenda o que lle pasa, cando teña dúbidas sobre o seu sentir ou a súa maneira de actuar. Lograrás que poida sentirse en confianza contigo.

● Anímao na súa independencia: confía na súa autonomía e na súa maneira de resolver as situacións que se lle presentan. Posteriormente podes preguntarlle sobre o que fixo para resolvelo e axudalo a ver outras posibles solucións.

● Non xulgues: evita poñer en xuízo a súa maneira de percibir as cousas; o mellor que podes facer é axudalo a que che exprese o que está pasando e a maneira na que podería resolver o que lle sucede. Comprende e axuda.

● Respecta o seu sentir: lembra que un neno/a ao igual que nós, ten necesidade e todas son respectables; non menospreces os seus pensamentos nin o seu sentir.....

 

Seguindo estas pautas, o coñecemento das súas emocións e o control sobre elas irá mellorando.

contacto

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.