HÁBITOS DE HIXIENE

 

“A parte da medicina que ten por obxecto a conservación da saúde e a prevención de enfermidades” é o que entendemos por Hixiene.

A hixiene persoal é o concepto básico de aseo, limpeza e coidado do noso corpo; non son algo illado senón que garda relación coas demais actividades fundamentais; comer, durmir, xogar, ir ao baño…..

Os pais e nais debemos de fomentar, potenciar e animar a cada unha destas habilidades, coa finalidade de que a incorporen a súa rutina diaria.

A práctica da hixiene persoal é unha cuestión de responsabilidade persoal, que se adquire por medio dun proceso educacional, fundamentalmente da familia, que día a día actúa de exemplo e de modelos destes hábitos.

O fundamental é que os hábitos de hixiene na infancia non aparecen espontaneamente senón que os pais/nais debemos de axudar aos peques a desenvolvelos.

Cabe destacar que é normal que a medida na que os nenos/as van crecendo vaiamos deixando de vixiar a súa hixiene.

 

A continuación, propoñemos unha serie de hábitos de hixiene persoal segundo a súa idade:

• Cepillarse o cabelo. Este es un dos primeiros hábitos que podemos ensinar xa que o podemos facer a partires de que eles/as adquiran certa motricidade grosa, é dicir a partires do ano e medio ou dous anos.

• Lavar as mans. Unha das habilidades de hixiene persoal máis importantes que debemos ensinarlles é o lavado de mans. Desta forma evitaremos que se contaxien de moitas das enfermidades que se transmiten pola falta de hixiene nas mans. Hoxe en día e debido a situación sanitaria que estamos a vivir debido ao COVID-19 é unha das medidas preventiva básicas e primordiais.

• Cepillarse os dentes. Dende os 3 anos podemos ensinarlles a que se

cepillen os dentes. Sen embargo, será necesario que revisemos de qué modo o están a facer.

• Limparse e cortarse as unllas. A partires dos 4 o 5 anos, pódese ensinar a importancia de hixienizar as unllas cun cepillo de púas, pero será necesario que un adulto as curte.

• Ducharse. A partires dos 6 o 7 anos podes deixarlle por algúns breves momento so na ducha para que aprenda a ducharse. Logo dos 8 anos este é un dos hábitos que deberá facer completamente so.

 

A maioría destes hábitos son adquiridos nos 3-4 primeiros anos de vida.

 

VENTAXAS DOS HÁBITOS DE HIXIENE:

• Contribúen ao benestar físico do organismo.

• Colaboran co benestar psíquico da persoa.

• Son elementos esenciais nun comportamento axeitado.

• Contribúen a unha socialización axeitada.

• Permiten economizar tempo e esforzo no cumprimento dunha serie de actos rutinarios da vida diaria.

 

contacto