LINGUAXE INCLUSIVA

Tanto os nenos/as dende corta idade, como os maiores, utilizamos a linguaxe, que é a ferramenta comunicativa por excelencia, para desenvolver as relacións sociais, que como xa temos dito, son imprescindibles para a supervivencia dos seres humanos.

A linguaxe que todos usamos, como moitos outros aspectos sociais e culturais, está condicionada polo xénero das persoas. Como parte da comunidade, a persoa desenvolve as condutas aprendidas, e a linguaxe condiciona as actitudes e as prácticas das persoas. Hai algunhas expresións que utilizamos, inconscientemente que son herdanza destas prácticas sociais moi anticuadas e que poden limitar as concepcións humanas nalgúns temas. Estas limitacións aplícanse á linguaxe usada sobre xénero, que aportan unha visión sexista da vida en sociedade.

No noso plan de igualdade de centro temos unha liña de acción que implica o “Emprego dunha linguaxe inclusiva e igualitaria na actividade do centro”. Estamos a realizar un esforzo para que esta linguaxe estea presente tanto na documentación de centro coma na nosa fala diaria. Por iso cremos importante que as familias nos acompañedes nesta laboura para concienciar e utilizar a linguaxe inclusiva e igualitaria de xeito normalizado.

O cambio no uso desta linguaxe pódese lograr dunha maneira progresiva en distintos escenarios. Existen gran variedade de recursos e ferramentas lingüísticas para o uso efectivo da linguaxe inclusiva, imos ver algúns consellos.

PONER EJEMPLOS EN TODOS??

· Intentar eliminar o uso masculino de maneira xenérica para designar ás persoas ou do masculino plural para referirse a grupos mixtos de persoas cando hai persoas do outro xénero/s. Dicir: Nenos e nenas, en vez de soamente nenos.

· Cando se fai referencia a ambos xéneros tamén se recomenda alternar a orde entre o feminino e o masculino, evitando o uso das formas masculinas sempre de primeiro. Cambiar a orde; por exemplo: queridas nenas e nenos…

· Porén, non se recomenda o uso do símbolo «@» nin «x» para substituír as vogais para referirse a ambos xéneros.

· Cando falamos de títulos, carreiras e profesións, utilizar a súa correspondente forma feminina, por exemplo María López é directora, xefa, avogada, médica, enxeñeira... (e non en masculino)

· Utilizar as diferentes alternativas empregando palabras neutras, nomes colectivos e abstractos sempre que se poida. Por exemplo: usar persoas en vez de homes.

· E sobre todo se detectas que a linguaxe desvaloriza, ridiculiza, desacredita, estereotipa ou exclúe á muller… CÁMBIAO.

Para poder educar ás nosas fillas e fillos na igualdade, hai que ir cambiando cousas pouco a pouco, sabedes que nos imitan en todo, formas de actuar, falar, etc. Por iso utilizando unha linguaxe inclusiva podemos evitar futuros roles de xénero que poidan xerar situacións de desvantaxe.

contacto