Neste mes de novembro, dende o Departamento de Orientación, queríamos falarvos da resiliencia.

Segundo a RAE, a resiliencia é a capacidade de adaptación dun ser vivo fronte a un axente perturbador ou un estado ou situación adversa. Pero tamén como a capacidade dun material, mecanismo ou sistema para recuperar o seu estado inicial cando rematou a perturbación á que sometera.

É dicir, a capacidade de volver a facer, de resistir e resurxir das cinzas.  Todos pensábamos que o peor xa pasara, rematou o confinamento, pasou o verán e comezou setembro e a escola, con moitos cambios, pero máis parecido á normalidade de antes, que os meses de marzo, abril e maio.

Por iso é moi importante traballar a resiliencia, en todos, pero sobre todo cos máis pequenos da casa, xa que iso favorece e axuda a unha adaptación máis segura a todos os contextos posibles, incluído o actual, no que non sabemos que vai pasar, como estará o panorama o mes que ven etc.

De momento tanto os nenos/as e adolescentes, estanse enfrontando ao contexto do colexio, que é distinto ao dos outros anos, nada de contacto físico, nada de grupos, todos en fila de un (incluídas as mesas...) non verlle a cara enteira aos compañeiros/as, profesores, coa dificultade de entenderse que elo conleva...

E os maiores tamén estámonos enfrontando á inseguridade e o medo que toda esta situación xera, sobre todo as familias que convivimos con persoas maiores ou de risco.

Por iso é moi importante conseguir agora traballar a resiliencia os dous axentes de socialización máis importantes na infancia e adolescencia, que son a familia e a escola. Como adultos, temos que encontrar intereses, necesidades e oportunidades comúns que axuden aos nenos e nenas a afrontar con resiliencia a “nova realidade educativa”.

Para mellorar ou fomentar a resiliencia é moi importante que os nosos fillos/as saiban facer amigos. O illamento é un factor que incrementa a inseguridade e o medo, e nesta nova maneira de socializar, teñen que ter un apoio extra, tanto no colexio como na casa ou parque.

Tamén é moi importante que aprenda a axudar aos demais para fomentar o desenvolvemento emocional, se sabe axudar aos demais, sentirase máis útil e valioso, e reforzará a súa empatía.

Por outro lado, nestes tempos, manter unha rutina é fundamental, xa que é algo que non vai cambiar, aínda que haxa ou non colexio, poida xogar cos amigos nun parque, ou non, se na casa non cambian as rutinas é un espazo de seguridade e estabilidade.

Tamén é de gran axuda coa resiliencia que aprenda a coidarse, é dicir, que busque o seu propio benestar, que pense no seu benestar físico e emocional cando estea solo e non teña o amparo dos pais ou adultos.

E por último, axuda a mellorar a resiliencia que o nosos fillo/a aprenda a ver as dificultades como un reto, calquera “gran problema” do día a día, podes axudalo/a a convertelo en algo relaxado que se pode resolver.

Como conclusión queríamos dicirvos, que con todo este gran problema que revolucionou as nosas vidas, tanto os nenos/as, as familias e o colexio, que estamos facendo ben as cousas, que todos estes esforzos que están tendo resultados, e nun futuro próximo será cousa pasada e sairemos máis fortes grazas á resiliencia.